Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Martes, 12 de novembro de 2002 Páx. 15.878

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 26 de xuño de 2002, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/102-2, 5873 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no capítulo VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Red Eléctrica de España, S.A.

Domicilio social: Paseo Conde Gaitanes, 117, La Moraleja, 28080 Alcobendas-Madrid.

Denominación: subest. Boimente 400 kV ampliación rúa 3.

Situación: Viveiro.

Características técnicas: ampliación da subestación consistente na instalación dun segundo transformador de 450 mVA de potencia e relación de transformación 400/132 kV e a correspondente posición de auto na rúa 3.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Lugo, 26 de xuño de 2002.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo