Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Luns, 11 de novembro de 2002 Páx. 15.768

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

DECRETO 303/2002, do 17 de outubro, polo que se declara a urxente ocupación, para efectos de expropiación forzosa, pola Deputación Provincial de Lugo, dos bens e dereitos necesarios para a realización da obra número 36, Plan de Obras e Servicios 2002 Friol, acondicionamento e mellora de accesos en Macedo (San Martiño de Condes), concello de Friol.

A Deputación Provincial de Lugo, en sesión que tivo lugar o día vinteún de xuño de dous mil dous, aprobou o proxecto da obra número 36, Plan de Obras e Servicios 2002 Friol, acondicionamento e mellora de accesos en Macedo (San Martiño de Condes), e na sesión do vintenove de xullo de dous mil dous acordou solicitar da Xunta de Galicia a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola expropiación forzosa ó abeiro do disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Os bens nos que se concreta a declaración de urxente ocupación están determinados no expediente que se someteu a información pública.

A Dirección Xeral de Urbanismo da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda emitiu informe favorable. O dito informe tivo entrada no rexistro xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais o día sete de outubro de dous mil dous.

Considérase necesaria a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos precisos para a realización das obras do proxecto técnico sinalado, xa que segundo sinala a deputación, o núcleo de poboación de Macedo consta cun acceso moi deficiente, que xunto coa deterioración experimentada polos temporais do inverno 2000-2001, fai necesaria a realización da obra para poder dotalo das condicións axeitadas para o tráfico.

A competencia para a declaración da urxente ocupación correspóndelle ó Consello da Xunta de Galicia segundo o disposto nos artigos 27.2º e 28.2º do Estatuto de autonomía de Galicia.

Na súa virtude, por proposta do conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día dezasete de outubro de dous mil dous,

DISPOÑO:

Artigo único.-De conformidade co disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, declárase a urxente ocupación, pola Deputación Provincial de Lugo, para efectos de expropiación forzosa, dos bens

e dereitos concretados no expediente administrativo instruído para o efecto e necesarios para a execución da obra número 36, Plan de Obras e Servicios 2002 Friol, acondicionamento e mellora de accesos en Macedo (San Martiño de Condes).

Santiago de Compostela, dezasete de outubro de dous mil dous.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Antonio Pillado Montero

Conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais