Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Luns, 11 de novembro de 2002 Páx. 15.768

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

DECRETO 302/2002, do 10 de outubro, polo que se declara a urxente ocupación, para efectos de expropiación forzosa, pola Deputación Provincial de Lugo, dos bens e dereitos necesarios para a realización da obra número 123, Plan de Obras e Servicios 2002 do Incio, estrada provincial O Incio-Foilebar-Vilarxoán, alargamento e mellora punto quilométrico 9,27 ó 11,11, concello do Incio.

A Deputación Provincial de Lugo, en sesión que tivo lugar o día cinco de xullo de dous mil dous, aprobou o proxecto da obra número 123, Plan de Obras e Servicios 2002 do Incio, estrada provisional O Incio-Foilebar-Vilarxoán, alargamento e mellora punto quilométrico 9,27 ó 11,11, e na sesión do vintenove de xullo de dous mil dous acordou solicitar da Xunta de Galicia a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola expropiación forzosa ó abeiro do disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Os bens nos que se concreta a declaración de urxente ocupación están determinados no expediente que se someteu a información pública.

A Dirección Xeral de Urbanismo da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda emitiu informe favorable. O dito informe tivo entrada no rexistro xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais o día trinta de setembro de dous mil dous.

Considérase necesaria a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos precisos para a realización das obras do proxecto técnico sinalado, xa que segundo sinala a deputación, esta estrada intercomunica a localidade da Cruz do Incio coa estrada de Samos a Ponte Lóuzara e O Courel, constituíndo unha importante vía para as comunicacións comarcais, e unha axeitada rede de comunicación na zona nordeste do municipio do Incio, polo que se fai necesario o seu alargamento e a reducción do raio de varias curvas que melloren e acrecenten a seguridade vial.

A competencia para a declaración da urxente ocupación correspóndelle ó Consello da Xunta de Galicia segundo o disposto nos artigos 27.2º e 28.2º do Estatuto de autonomía de Galicia.

Na súa virtude, por proposta do conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día dez de outubro de dous mil dous,

DISPOÑO:

Artigo único.-De conformidade co disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, declárase a urxente ocupación, pola Deputación Provincial de Lugo, para efectos de expropiación forzosa, dos bens e dereitos concretados no expediente administrativo instruído para o efecto e necesarios para a execución da obra número 123, Plan de Obras e Servicios 2002 do Incio, estrada provincial O Incio-Foilebar-Vi

larxoán, alargamento e mellora punto quilométrico 9,27 ó 11,11.

Santiago de Compostela, dez de outubro de dous mil dous.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Antonio Pillado Montero

Conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais