Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Luns, 11 de novembro de 2002 Páx. 15.767

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

DECRETO 301/2002, do 24 de outubro, polo que se acepta a cesión, a título gratuíto, dun terreo situado no concello de Santiago de Compostela (A Coruña), para a construcción dun conservatorio de música.

O Pleno da Corporación Municipal de Santiago de Compostela, reunido en sesión celebrada o día 25 de abril de 2002, acordou ceder á Comunidade Autónoma de Galicia un predio, destinado á construcción dun conservatorio de música.

A Secretaría Xeral e do Patrimonio tramitou o correspondente expediente de aceptación de cesión, de conformidade co disposto nos artigos 16, 17 e 23 da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia e 33, 34 e 38 do Decreto 50/1989, do 9 de marzo, polo que se aproba o regulamento para a execución da dita lei.

Na súa virtude, por proposta do conselleiro de Economía e Facenda, feita nos termos nos que o Concello de Santiago de Compostela acordou a cesión, logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vintecatro de outubro de dous mil dous,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Acéptase a cesión, feita polo Concello de Santiago de Compostela, a título gratuíto, da parcela A procedente da parcela DEXB 17 do polígono 3 do Plan Parcial das Fontiñas, nesta cidade de Santiago de Compostela, denominada porción norte da parcela DEXB 17, destinada á construcción dun conservatorio, de cinco mil metros cadrados de superficie e sete mil cincocentos metros cadrados de edificabilidade máxima para a construcción do citado conservatorio, pero no caso de que a construcción do conservatorio non consuma os sete mil cincocentos metros cadrados de edificabilidade da parcela, reservarase un trinta por cento da edificabilidade non consumida para futuras ampliacións do conservatorio, acumulándose o setenta por cento restante ós once mil cento oitenta e un metros cadrados de edificabilidade da parcela B. Ten forma rectangular e linda: ó norte, rúa Monte dos Postes; ó sur, resto do predio matriz-porción sur da parcela DEXB 17; ó leste, rúa Altiboia; e ó oeste, Avenida Rodríguez

Viguri. As disposicións de volume desta parcela deberán facerse de xeito que non dificulte o futuro aproveitamento do predio matriz.

A dita parcela figura inscrita no Rexistro da Propiedade número un de Santiago de Compostela, inscrición 1ª do predio 36.706 ó folio 161, do libro 383, tomo 1.403.

Artigo 2º

O predio cedido destinarase á construcción dun conservatorio de música.

Artigo 3º

A Consellería de Economía e Facenda, a través da Secretaría Xeral e do Patrimonio, procederá á formalización da cesión no correspondente documento público e á inscrición do ben no Rexistro da Propiedade a nome da Comunidade Autónoma de Galicia.

Disposición derradeira

A Consellería de Economía e Facenda, a través da Secretaría Xeral e do Patrimonio, levará a cabo tódolos trámites necesarios para a efectividade deste decreto.

Santiago de Compostela, vintecatro de outubro de dous mil dous.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

José Antonio Orza Fernández

Conselleiro de Economía e Facenda