Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Luns, 11 de novembro de 2002 Páx. 15.767

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 26 de xullo de 2002 pola que se ordena a publicación do acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 24 de xullo de 2002, polo que se aproba a modificación da relación de postos de traballo dos servicios veterinarios oficiais de saúde pública da Consellería de Sanidade.

Advertido erro na devandita resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 146, do mércores 31 de xullo de 2002, cómpre face-la oportuna rectificación:

Na páxina 11.876, ó final da páxina, despois de: «AXG.-ADSCRICIÓN EXCLUSIVA A FUNCIONARIOS DA ADMINISTRACIÓN DA XUNTA DE GALICIA», engádese:

Na relación de postos de traballo referente ós corpos e escalas da Lei 17/1989, do 23 de outubro, da Consellería de Sanidade e do Servicio Galego de Saúde (Sergas) publicada no DOG nº 81, do 29-4-1992, que aínda se encontra vixente na parte correspondente ás clases de farmacéuticos titulares, amortízanse os seguintes postos:

-Na páxina 3.618, no centro de destino «DELEGACIÓN PROVINCIAL (A CORUÑA)» suprímese o posto «FARMACÉUTICO TITULAR DE ARANGA-DISTRITO ÚNICO».

-Na páxina 3.619, no centro de destino «DELEGACIÓN PROVINCIAL (A CORUÑA)» suprímese o posto «FARMACÉUTICO TITULAR DE LAXE-DISTRITO ÚNICO».

-Na páxina 3.639, no centro de destino «DELEGACIÓN PROVINCIAL (LUGO)» suprímese o posto «FARMACÉUTICO TITULAR DE FOLGOSO DO COUREL-DISTRITO ÚNICO».

-Na páxina 3.666, no centro de destino «DELEGACIÓN PROVINCIAL (OURENSE) suprímese o posto «FARMACÉUTICO TITULAR DE VILARIÑO DE CONSO-DISTRITO ÚNICO».

-Na páxina 3.690, no centro de destino «DELEGACIÓN PROVINCIAL (PONTEVEDRA) suprímese o posto «FARMACÉUTICO TITULAR DE PORTAS-DISTRITO ÚNICO».