Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Venres, 08 de novembro de 2002 Páx. 15.752

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 15 de outubro de 2002, da Área Provincial da Coruña, pola que se lle notifica ó interesado acordo de incoación do expediente sancionador VP-C 24/2002.

Por medio desta cédula e en cumprimento do disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, en relación co artigo 13 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, que aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, notifícaselle ó interesado Rogelio Vidal Enero o acordo de incoación do expediente sancionador VP-C 24/2002 que se inicia neste organismo por non ocupa-la vivenda e tela alugada, causas previstas nos artigos 5.C e 6.F da Lei 13/1996, do 30 de decembro, de infraccións en materia de vivenda.

Desígnanse respectivamente instructora e secretaria do expediente a Clara Gómez Ruiz e Carmen Pombo Chans, concedéndolle ó interesado quince días hábiles contados a partir do seguinte ó da publicación desta cédula para face-las alegacións que crea oportunas no seu descargo e, de se-lo caso, solicita-la práctica das probas.

E para que conste e lle sirva de notificación ó interesado de domicilio descoñecido, en cumprimento do artigo 59.4º da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula na Coruña o 15 de outubro do 2002.

Mª Teresa Morán Calero

Xefa da Área Provincial da Coruña

ANEXO

VP-C 24/2002.

Rogelio Vidal Enero.

R/ Alcalde Pérez Ardá, 51-7º D.

Polígono de Elviña II fase.

A Coruña.