Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Venres, 08 de novembro de 2002 Páx. 15.752

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 15 de outubro de 2002, da Área Provincial da Coruña, pola que se lles notifica ós interesados as resolucións dos expedientes sancionadores correspondentes.

Por medio desta cédula e en cumprimento do disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, en relación co artigo 13 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, que aproba o Regu

lamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, notifícaselles ós interesados as resolucións dos expedientes sancionadores VP-C 22/2001, VP-C 57/2001, VP-C 64/2001 e VP-C 21/2002 por non destinaren a vivenda a domicilio habitual e permanente, causa prevista no artigo 5.C da Lei 13/1996, do 30 de decembro, de infraccións en materia de vivenda.

Á dita infracción impónselle unha multa, sen prexuízo da obriga de destina-las vivendas a domicilio habitual e permanente.

Contra estas resolucións, que non esgotan a vía administrativa, podrán interpoñerse recurso de alzada ante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa publicación.

E para que conste e lles sirva de notificación ós interesados de domicilio descoñecido, en cumprimento do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula na Coruña o 15 de outubro de 2002.

Mª Teresa Morán Calero

A xefa de Área Provincial da Coruña

ANEXO

VP-C 22/2001.

Óscar Giménez Escudero.

R/ Alexandre Bóveda, bloque 1-1º B.

Santiago de Compostela.

Sanción: 1.202,02 euros.

VP-C 57/2001.

Jesús Mª Suárez López.

R/ Estocolmo, 10-3º E.

Santiago de Compostela.

Sanción: 1.000 euros.

VP-C 64/2001.

Juan Otero Espinar.

R/ Estocolmo, 10-2º A.

Santiago de Compostela.

Sanción: 601,02 euros.

VP-C 21/2002.

Alfonso López Fuertes.

Praza Álvaro Cunqueiro, portal J-4ºB.

Polígono de Esteiro.

Ferrol.

Sanción: 601,02 euros.