Por medio desta cédula e en cumprimento do disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, en relación co artigo 13 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, que aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, notifícaselle ó interesado Plácido Grandal Rivas o acordo de incoación do expediente sancionador VP-C 25/2002 que se inicia neste organismo por non ter visadas as escrituras de compravenda, causa prevista no artigo 6.F da Lei 13/1996, do 30 de decembro, de infraccións en materia de vivenda.
Desígnanse respectivamente instructora e secretaria do expediente a Clara Gómez Ruiz e Carmen Pombo Chans, concedéndolle ó interesado quince días hábiles contados a partir do seguinte ó da publicación desta cédula para face-las alegacións que crea oportunas no seu descargo e, de se-lo caso, solicita-la práctica das probas.
E para que conste e lle sirva de notificación ó interesado de domicilio descoñecido, en cumprimento do artigo 59.4º da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula na Coruña o 15 de outubro do 2002.
Mª Teresa Morán Calero
Xefa da Área Provincial da Coruña
ANEXO
VP-C 25/2002.
Plácido Grandal Rivas.
R/ Alcalde Pérez Ardá, 51-7º D.
Polígono de Elviña II fase.
A Coruña.