Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Venres, 08 de novembro de 2002 Páx. 15.751

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 17 de setembro de 2002 pola que se lle concede a acreditación de laboratorio de ensaios para o control de calidade da construcción ó laboratorio Eptisa, Servicios de Ingeniería, S.A. con domicilio en Camiño da Feira, número 6, 36214 Xestoso-Bembrive, Vigo (Pontevedra).

De acordo co establecido nos artigos 2, 3 do Decreto 441/1990, do 6 de setembro (DOG do 24 de setembro), polo que se aproban as disposicións reguladoras específicas da acreditación de laboratorios de ensaio para o control de calidade da construcción, por proposta da Dirección Técnica de Construccións e con informe favorable do Servicio de Calidade na Edificación conforme o establecen os artigos 12 h) e 18.3º.1 a) do Decreto 70/1997, do 14 de marzo (DOG

do 10 de abril), a Dirección Xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo

RESOLVEU:

Cancelarlle, por cambio de domicilio, a inscrición no rexistro e a acreditación de laboratorios de ensaios para o control de calidade da construcción a Eptisa, Servicios de Ingeniería, S.A. e para o laboratorio con domicilio na estrada do Freixo, 18, Sárdoma, 36214 Vigo (Pontevedra).

Concederlle a acreditación e a súa inscrición no Rexistro de Laboratorios de Ensaios para o Control de Calidade da Construcción a Eptisa, Servicios de Ingeniería, S.A. con domicilio en Camiño da Feira, nº 6, 36214 Xestoso-Bembrive, Vigo (Pontevedra), polo prazo e condicións a que se refire o artigo 4 do anexo do Decreto 441/1990, do 6 de setembro, na área de:

HF Área de control de formigón fresco, co número 15065HF02.

Este laboratorio e a súa acreditación considéranse dependentes do laboratorio Eptisa, Servicios de Ingeniería, S.A., inscrito co número 15003HA02.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Santiago de Compostela, 17 de setembro de 2002.

José Antonio Redondo López

Director xeral do Instituto Galego da Vivenda

e Solo