Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Venres, 08 de novembro de 2002 Páx. 15.745

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E DESENVOLVEMENTO RURAL

RESOLUCIÓN do 14 de outubro de 2002, da Dirección Xeral de Infraestructuras Agrarias, pola que se notifica o trámite de audiencia da zona de concentración parcelaria de San Mamede de Bazar (Santa Comba, A Coruña), devolto polo servicio de correos.

Por esta resolución e en cumprimento do establecido no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro e, por ser devolta polo servicio de correos, notifícaselle ó interesado que ten os datos persoais e último domicilio coñecido que figuran no anexo, a proposta de modificación que lle afecta en relación co recurso de alzada interposto por Hermosinda Castro Cebey, contra o acordo de concentración parcelaria da zona de San Mamede de Bazar (Santa Comba, A Coruña).

Santiago de Compostela, 14 de outubro de 2002.

Alejandro Martínez-Geijo Nogueira-Soares

Director xeral de Infraestructuras Agrarias

ANEXO

Destinatario: Jesús Guillín Anido.

Domicilio: Bazar-Santa Comba, 15847 (A Coruña).

Texto: «Como consecuencia do recurso de alzada presentado por Hermosinda Castro Cebey contra o acordo de concentración parcelaria da zona de San Mamede de Bazar (Santa Comba, A Coruña), poño no seu coñecemento que se propuxo a modificación que abaixo se cita e que afecta a vostede.

Durante o prazo de 10 días, contados desde a data desta notificación, poderá vostede manifesta-lo que teña por conveniente en relación con ela. O expediente teno á súa disposición durante o dito prazo nas oficinas do Servicio de Concentración Parcelaria de Santiago de Compostela. Teléfono: 981 54 39 70.

O que lle notifico a vostede.

Manuel Rodríguez Vázquez

Enxeñeiro técnico agrícola

Intercambia-la localización dos predios números 1281 e 1282; quedando a súa substitución, número 1281, cunha superficie de 29-85 áreas e un valor de 180.100 puntos».