Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Venres, 08 de novembro de 2002 Páx. 15.745

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS

RESOLUCIÓN do 10 de outubro de 2002, da Secretaría Xeral da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos, pola que se fai pública a adxudicación dos contratos administrativos que se citan.

O secretario xeral, actuando no nome do conselleiro de Pesca e Asuntos Marítimos, por delegación

de competencia segundo a Orde do 21 de decembro de 2001 (DOG nº 15, do 21-1-2002), resolveu adxudica-los seguintes contratos:

Obxecto: servicios necesarios para a organización da 24ª xuntanza anual de NAFO (Organización de Pesqueiras do Atlántico Noroeste) en Santiago de Compostela, do 11 ó 20 de setembro de 2002.

Adxudicatario: Expacontra, S.A.

Importe: 120.000 euros.

O que se fai público para efectos do previsto no artigo 93 do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño.

Santiago de Compostela, 10 de outubro de 2002.

Miguel Ángel López Sieiro

Secretario xeral da Consellería de Pesca

e Asuntos Marítimos