Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Venres, 08 de novembro de 2002 Páx. 15.745

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E DESENVOLVEMENTO RURAL

RESOLUCIÓN do 3 de outubro de 2002, da Dirección Xeral de Infraestructuras Agrarias, pola que se notifica a resolución de recurso de alzada contra o acordo de concentración parcelaria da zona de Baltar-Tixós (Baltar, Ourense), devolta polo servicio de correos.

Pola presente resolución e en cumprimento do establecido no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e, por ser devolta polo servicio de correos, notifícaselle ó interesado, que ten os datos persoais e último domicilio coñecido que figuran no anexo, a parte dispositiva da resolución do recurso de alzada interposto por Castor Baños Díaz contra o acordo de concentración parcelaria da zona de Baltar-Tixós (Baltar, Ourense).

Santiago de Compostela, 3 de outubro de 2002.

Alejandro Martínez-Geijo Nogueira-Soares

Director xeral de Infraestructuras Agrarias

ANEXO

Destinatario: José Reboredo Fariña.

Domicilio: avda. Ourense, 32, Xinzo de Limia, 32630 (Ourense).

Texto: «Estimar parcialmente o recurso de alzada que, contra o acordo de concentración parcelaria da zona de Baltar-Tixós (Baltar, Ourense), interpuxo Castro Baños Díaz, propietario número 38, no sentido de:

Modifica-la localización dos seguintes predios sen que varíe a súa superficie nin o seu valor en puntos:

Predio nº 1920, asignado ó recorrente, Castor Baños Díaz.

Predio nº 1919, adxudicado a José Reboredo Fariña (propietario nº 427).

Predio nº 1921, adxudicado a Carmen Losada Enríquez (propietaria nº 317).

A presente resolución ponlle fin á vía administrativa e contra ela cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o órgano xurisdiccional competente no prazo de dous meses contados a partir da recepción da presente, de conformidade co establecido nos artigos 43 da Lei de concentración parcelaria para Galicia e 46 da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa do 13 de xullo de 1998, sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro que estimen pertinente.

Notifíqueselles ós interesados na forma prevista na lexislación vixente».