Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Venres, 08 de novembro de 2002 Páx. 15.743

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 1 de outubro de 2002, da Secretaría Xeral da Consellería de Industria e Comercio, pola que se lle dá publicidade á adxudicación do contrato que se cita.

Para os efectos previstos no artigo 93 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, esta secretaría xeral acordou darlle publicidade á adxudicación do seguinte contrato:

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Consellería de Industria e Comercio.

Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Comercio.

Número de expediente: 3/2002 DXC.

2. Obxecto do contrato.

Tipo de contrato: servicios.

Descrición do obxecto: execución de Expo Galicia Moda-Semana da Moda en México.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: negociado (artigo 117 do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas).

4. Orzamento base de licitación: setecentos cincuenta e seis mil oitocentos corenta e catro euros (756.844 A), IVE incluído.

5. Adxudicación.

Data: 14 de agosto de 2002.

Adxudicatario: Eurocentro Nafín-México.

Nacionalidade: mexicana.

Importe de adxudicación: setecentos cincuenta e seis mil oitocentos corenta e catro euros (756.844 A), IVE incluído.

Santiago de Compostela, 1 de outubro de 2002.

Jesús Vázquez San Luis

Secretario xeral da Consellería de Industria

e Comercio