Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Venres, 08 de novembro de 2002 Páx. 15.743

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 2 de outubro de 2002, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se fai pública a modificación da declaración de impacto ambiental do proxecto do Parque Eólico Couto de San Sebastián, nos concellos da Estrada e Silleda (Pontevedra), promovido pola empresa Fomensa Hispania, S.L.

En cumprimento do disposto no artigo 5 do Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación do impacto ambiental para Galicia, faise pública a Resolución do 20 de xuño de 2002 da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental pola que se modifica a declaración de impacto ambiental do proxecto de parque eólico Couto de San Sebastián,

nos concellos da Estrada e Silleda (Pontevedra), promovido pola empresa Fomensa Hispania, S.L., que se transcribe como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 2 de outubro de 2002.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria, Enerxía e Minas

Con data 3 de decembro de 2001, a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental formulou a declaración de impacto ambiental (DIA) do parque eólico de referencia.

Con data 19 de abril de 2002 ten entrada nesta dirección xeral o documento titulado P. E. do Couto de S. Sebastián. Documentación complementaria. (11.1, 11.2 e 11.3 DIA). Abril 2002, presentado polo promotor en resposta ó requirido nos referidos puntos da DIA.

Ó citado documento xúntaselle o escrito do promotor no que comunica que durante a elaboración da documentación adicional se detectou un erro na transcrición das coordenadas UTM dos aeroxeradores (aínda que aparecen correctamente localizados nos planos), indicando que as coordenadas reais son distintas ás que figuraban no proxecto e consecuentemente na DIA. O escrito inclúe unha táboa coas coordenadas correctas.

A citada documentación e escrito presentados polo promotor contan co informe favorable desta dirección xeral, segundo oficio do 20 de xuño de 2002, no que se establece a planta definitiva que terá o parque eólico.

Tendo en conta o antedito, esta Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental resolve establecer pola presente resolución a modificación da DIA nos termos que a continuación se indican:

No punto 1.-Ámbito da declaración, introdúcense as seguintes modificacións:

1. Elimínase o segundo parágrafo.

2. O terceiro parágrafo substitúese polo seguinte:

A localización dos aeroxeradores e infraestructura asociada ó parque eólico será a que se recolle no plano do Parque Eólico do Couto de S. Sebastián (A Estrada e Silleda). Fomensa Hispania, S.L. Documentación complementaria DIA, incluído no documento titulado P. E. do Couto de S. Sebastián. Documentación complementaria. (11.1, 11.2 e 11.3 da DIA). Abril 2002.

3. A derradeira liña da páxina 3 de 29, substitúese por:

«As coordenadas UTM dos 23 aeroxeradores previstos son as seguintes»

4. A táboa de coordenadas UTM dos aeroxeradores substitúese pola seguinte:

AeroxeradorUTMXUTMY

1553.2454.728.730

2553.3284.728.636

3553.4134.728.533

AeroxeradorUTMXUTMY

4553.4834.728.439

5553.5414.728.320

6553.5604.728.163

7553.5114.727.949

8553.5914.727.851

9553.5594.727.637

10553.6474.727.550

11553.7374.727.459

12553.8284.727.370

13553.9354.727.290

14553.9684.727.066

15554.0124.726.936

16554.1314.726.882

17554.2814.726.857

18554.3854.726.780

19554.4954.726.747

20554.5714.726.605

21554.6624.726.506

22554.5254.726.265

23554.5694.726.068