Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Venres, 08 de novembro de 2002 Páx. 15.742

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 1 de outubro de 2002, da Secretaría Xeral da Consellería de Industria e Comercio, pola que se lle dá publicidade á resolución de adxudicación do contrato que se cita.

Para os efectos previstos no artigo 93 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das

administracións públicas, esta secretaría xeral acordou dar publicidade á adxudicación do seguinte contrato:

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Consellería de Industria e Comercio.

Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

Número de expediente: 7/2001 SX.

2. Obxecto do contrato.

Tipo de contrato: subministración.

Descrición do obxecto: subministración sucesiva e por prezo unitario, de material de oficina e informático non inventariable para a Consellería de Industria e Comercio e as súas delegacións provinciais.

Data de publicación do anuncio de licitación no DOG do 22 de febreiro de 2002.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación: 64.710,93 euros, IVE incluído, distribuído nos seguintes lotes: lote I: material de oficina 8.199,81 A; lote II: material de papelería 28.083,79 A; lote III: consumibles informáticos 11.570,56 A; lote IV: papel en paquetes de vinte cadernos 16.856,76 A.

5. Adxudicación.

Data: 18 de abril de 2002.

Adxudicatario:

Lote I: Comercial CYC de Papelería, S.L.

Lote II: Imprenta Plana, S.L.

Lote III: Profinsa, S.A.

Lote IV: Xerox Office Supplies, S.A.

Nacionalidade: española.

Importe de adxudicación:

Lote I: catro mil seiscentos seis euros con setenta e seis céntimos (4.606,76 A), IVE incluído.

Lote II: vinte mil seiscentos sesenta e cinco euros con cincuenta céntimos (20.665,50 A), IVE incluído.

Lote III: nove mil novecentos cincuenta e cinco euros con vinteoito céntimos (9.955,28 A), IVE incluído.

Lote IV: trece mil cento oitenta e tres euros con vintecinco céntimos (13.183,25 A), IVE incluído.

Santiago de Compostela, 1 de outubro de 2002.

Jesús Vázquez San Luis

Secretario xeral da Consellería de Industria

e Comercio