Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Venres, 08 de novembro de 2002 Páx. 15.742

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 10 de setembro de 2002 pola que se declara deserto un contrato de servicios. (Expediente 5/2002 DXT).

Vistas as actas das reunións da mesa de contratación nomeada para eleva-la proposta de adxudicación do contrato de servicios consistente no desenvolvemento dunha campaña publicitaria sobre a artesanía de Galicia para o ano 2002, que foi convocado por Resolución do 10 de xullo de 2002 (DOG número 136, do 16 de xullo), e segundo o establecido nos artigos 88 e 89 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño (BOE nº 148, do 21 de xuño), polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

RESOLVO:

Declarar deserto o citado concurso de acordo coa proposta realizada pola mesa de contratación.

Contra a citada resolución, que é definitiva en vía administrativa, poderá interpoñerse, se é o caso, recurso potestativo de reposición, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo, nos termos que establece a Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE número 285, do 27 de novembro) de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso administrativa, e sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro que estimen oportuno.

Santiago de Compostela, 10 de setembro de 2002.

P.D. (Orde 20-12-2001, DOG nº 250)

Jesús Vázquez San Luis

Secretario xeral da Consellería de Industria e Comercio