Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Venres, 08 de novembro de 2002 Páx. 15.734

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación, citación e requirimento (755/2001).

Ana López-Suevos Fraguela, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número dous de Santiago de Compostela, en autos nº 755/2001, seguidos por instancia de Luz María Leis Otero contra empresa Rodríguez Rodríguez, Ana-Estefanía, sobre cantidade no día que se indica, dictou a seguinte resolución:

Auto.

En Santiago de Compostela, 20 de setembro de 2002.

Dada conta; e

1. Feitos.

Primeiro.-Que neste xulgado e por quenda de reparto correspondeu demanda presentada por Luz María Leis Otero, contra Rodríguez Rodríguez Ana-Estefanía sobre cantidade, que se rexistrou co número 755/2001 na cal tras expo-los feitos e fun

damentos de dereito que estima aplicables ó caso, termina suplicando que se admita a demanda e cos trámites legais previos, se sinale día e hora para a celebración do acto de conciliación e xuízo e, en definitiva, se dicte sentencia estimando a demanda.

2. Razoamentos xurídicos.

Único.-Que de conformidade co disposto no artigo 82 e seguintes da Lei de procedemento laboral e o artigo 404 da LAC, é procedente admitir a trámite a demanda e sinalar día e hora en que deban ter lugar os actos de conciliación e xuízo, debendo mediar, en todo caso, un mínimo de catro días entre a citación e a efectiva celebración dos ditos actos.

3. Parte dispositiva.

Acórdase admitir a trámite a demanda presentada e rexistrala. E de conformidade co disposto na Lei de procedemento laboral, cítese en legal forma as partes litigantes para que o día dous de decembro de dous mil dous ás nove horas e trinta e cinco minutos da mañá comparezan na sala de audiencia deste Xulgado do Social número dous de Santiago de Compostela, sito na rúa de Viena, polígono das Fontiñas, Santiago de Compostela, co fin de celebra-los actos de conciliación e xuízo que a lei prevén, entregándolle ó demandado no acto da citación a copia da demanda, a ela acompañada e prevíndoo de que se intenta valerse de avogado, graduado social ou procurador que o dirixa ou represente, deberao pór en coñecemento deste tribunal, por escrito, dentro das corenta e oito horas seguintes, e facéndolles a ámbalas partes as seguintes advertencias: a) Que poden comparecer ou defenderse persoalmente ou por medio dun representante que estea en pleno exercicio dos seus dereitos civís, a designación do

cal poderán facer mediante poder bastante, por medio de comparecencia perante este xulgado, ou perante o de primeira instancia ou de paz, se é o caso, se o domicilio da parte fose distinto da residencia deste xulgado; b) Que a celebración do acto terá lugar en única convocatoria e non se suspenderá pola inxustificada falta de asistencia das partes, nin tampouco por enfermidade destas, nin dos seus representantes, nin dos seus defensores por canto as partes poden nomear representantes, e estes e o mesmo os defensores poden substituí-la representación ou a defensa conforme as leis, téndose por desistido o demandante se non comparece; e c) Que os litigantes, ou os que os representen, teñen que concorrer con tódolos medios de proba de que intenten valerse.

Admítese e declárase pertinente a proba proposta, e para a súa práctica cítese o representante legal da empresa demandada para que asista ó acto de xuízo sinalado co fin de ser interrogado. Así mesmo requírase a referida demandada para que achegue no acto de xuízo os documentos sinalados no segundo outrosí da solicitude da demanda.

E para as citacións acordadas, expídanse os oportunos despachos e cédulas de citación cos requisitos legais.

Fágaselles saber ás partes que contra esta resolución cabe recurso de reposición ante este mesmo xulgado no prazo de cinco días.

Así o acorda, manda e asina a maxistrada xuíza Ana López-Suevos Fraguela, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número dous de Santiago de Compostela, do que eu, secretario, dou fe.

E para que sirva de notificación, citación e requirimento á empresa Rodríguez Rodríguez, Ana-Estefanía e ó representante legal dela, con domicilio na Rúa do Tambre, nº 41, baixo, de Santiago de Compostela, expido e asino a presente cédula, entregándollas ó axente deste xulgado en quen se delega para a práctica desta dilixencia en Santiago de Compostela, 20 de setembro de 2002.

O secretario

Rubricado

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA