Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Venres, 08 de novembro de 2002 Páx. 15.734

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA NÚMERO DEZ DA CORUÑA

CÉDULA de notificación (909/2001-m).

En virtude do acordado polo maxistrado xuíz de primeira instancia número dez da Coruña e o seu partido, en resolución desta data, dimanante dos autos de separación contenciosa número 909/2001, seguidos por instancia de Fernando Méndez Martínez, representado pola procuradora María Cabado Pou contra Rayza Enríquez Barbotín, dictouse sentencia con encabezamento e decisión como segue:

Na Coruña, sete de xuño de dous mil dous.

Vistos por Ángel Barrallo Sánchez, maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Instancia número dez da Coruña e o seu partido, estes autos de separación contenciosa seguidos neste xulgado co número 909/2001-m por instancia de Fernando Méndez Martínez, representado polo procurador María Cabado

Pou e defendido pola letrada Mercedes de la Puente Formoso, sendo parte demandada Rayza Enríquez Barbotín, declarado en situación procesual de rebeldía.

Decido que estimando a demanda interposta pola procuradora María Cabado Pou, en nome e representación de Fernando Méndez Martínez, contra Rayza Enríquez Barbotín, en situación de rebeldía procesual, debo declarar e declaro a separación do matromonio constituído por Fernando Méndez Martínez e Rayza Enríquez Barbotín, celebrado na Habana (Cuba) o 30 de agosto de 1996, con tódolos efectos legais inherentes a tal pronunciamento e debo acordar e acordo as seguintes medidas:

1. Atribuír ó esposo o uso e goce do domicilio conxugal e o enxoval doméstico.

2. Non haber lugar a fixa-la pensión compensatoria a favor da demandada.

Sen imposición de custas.

Contra esta resolución cabe interpor recurso de apelación que se interporá por escrito ante este mesmo xulgado no termo de cinco días desde a súa notificación.

Así por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo. Seguen sinaturas e rúbricas.

E para que conste e sirva de cédula de notificación en forma a Rayza Enríquez Barbotín, na actualidade con domicilio descoñecido, expido esta cédula que asino na Coruña, once de outubro de dous mil dous.

A secretaria xudicial

Rubricado