Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Venres, 08 de novembro de 2002 Páx. 15.734

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

AUDIENCIA PROVINCIAL DE PONTEVEDRA (SECCIÓN SEXTA)

EDICTO (2078/2002).

Mª del Carmen Sobrado Prado, secretaria da Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, dou fe que no rolo de apelación civil 2078/2002, dimanante do executivo número 586/1999, do Xulgado de Primeira Instancia número dous de Vigo, seguido por instancia de Banco Zaragozano, S.A. contra José Manuel Arias Gándara e Dino Exclusivas, S.L., esta sala, o 23 de setembro de 2002, dictou sentencia con parte dispositiva do seguinte teor literal:

«Que rexeitámo-lo recurso de apelación formulado por José Antonio Arias Gándara, contra sentencia dictada polo Xulgado de Primeira Instancia número dous de Vigo o día 31 de decembro de 2001, con expresa imposición das custas procesuais desta alzada á parte apelante».

E para que conste e sirva de notificación a Dino Exclusivas, S.L., en paradoiro descoñecido, facéndolle saber que contra ela se pode interpoñer recurso extraordinario por infracción procesual e/ou recurso de casación, preparándoo ante esta mesma sección nos 5 días seguintes á notificación por medio de escrito asinado por avogado e procurador, expido e asino este edicto en Vigo o vintecatro de setembro de dous mil dous.

A secretaria

Rubricado