Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Venres, 08 de novembro de 2002 Páx. 15.732

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

ORDE do 28 de outubro de 2002 pola que se anuncia a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

De conformidade co establecido no artigo 27.2º da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, e no uso das atribucións conferidas polo artigo 15.4º da mesma lei, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro.-Anuncia-la convocatoria para cubrir, polo sistema de libre designación, un posto de traballo vacante que se relacionan no anexo I desta orde.

Segundo.-Poderán concorrer a el tódolos funcionarios que reúnan os requisitos que se esixen e se especifican no anexo I.

Terceiro.-As solicitudes para participar nesta convocatoria presentaranse no rexistro xeral da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo (edificio administrativo de San Caetano, bloque 3, Santiago de Compostela), nas delegacións provinciais ou en calquera das oficinas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. O prazo para a presentación de solicitudes será de quince días hábiles, contados a partir do día seguinte da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. O modelo de solicitude sinálase no anexo II.

Cuarto.-Os aspirantes deberán unir á súa solicitude un currículum vitae e xustificar mediante certificación ou copia compulsada os méritos que aleguen.

Quinto.-No caso de resultar seleccionado algún funcionario con destino noutra Administración pública tramitaráselle o seu traslado a esta Comunidade Autónoma e unha vez concedido pola súa Administración de orixe, procederase a adxudicarlle o posto para o que foi seleccionado. Se no prazo de dous meses a partir da publicación da resolución no DOG o funcionario seleccionado non puidese

incorporarse ó seu posto de traballo por non atoparse resolto o seu traslado á Comunidade Autónoma de Galicia, considerarase deserto o posto e poderase proceder de novo á súa provisión.

Sexto.-A resolución desta convocatoria farase pública no DOG e poderase declarar deserto o posto de traballo, de considerarse oportuno.

Sétimo.-O prazo de toma de posesión será de tres días, se o destino anterior está na mesma localidade do novo destino, e dun mes se está en localidade distinta ou leva consigo o reingreso ó servicio activo.

O prazo de toma de posesión empezará a contarse a partir do día seguinte ó do cesamento, que deberá producirse dentro dos tres días seguintes ó da publicación no DOG, ou desde a data na que se comunique a resolución do traslado á Comunidade Autónoma, para o caso de funcionarios doutras administracións públicas.

Se a resolución comporta o reingreso ó servicio, o prazo de toma de posesión empezará a contarse a partir do día seguinte ó da publicación da resolución.

Oitavo.-Contra a presente orde, que esgota a vía administrativa, poderase interpor potestativamente recurso de reposición perante este mesmo órgano no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da súa publicación, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, según redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou poderase interpor recurso contencioso-administrativo perante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación.

Santiago de Compostela, 28 de outubro de 2002.

Jesús Pérez Varela

Conselleiro de Cultura, Comunicación Social e Turismo

ANEXO I

Denominación del puesto: Servicio de Estudios y Publicaciones Culturales.

Código del puesto: CUC030000115770050.

Nivel: 28.

Complemento específico: 10.865,64 A.

Tipo de puesto: S.

Grupo: A/B.

Cuerpo/escala: xeral/docente.

Tipo de adscripción: A17 (adscripción indistinta a funcionarios de la Administración de la Xunta de Galicia, Administración del Estado, Administración de comunidades autónomas y personal docente con destino en la Comunidad Autónoma de Galicia).

Formación específica: 640 (para personal de otra Administración;curso perfeccionamiento gallego).

Centro directivo: Dirección General de Promoción Cultural.

Localidad: Santiago de Compostela.