Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Venres, 08 de novembro de 2002 Páx. 15.735

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 30 de outubro de 2002 pola que se anuncia a licitación, mediante procedemento aberto e forma de adxudicación de concurso público, con tramitación urxente, do contrato de obra relativo á urbanización do contorno do edificio de servicios administrativos e sede das federacións deportivas en Vigo (Pontevedra).

Aprobado o expediente de contratación que a seguir se identifica, mediante Resolución do 29 de outubro de 2002, procédese agora a efectua-lo anuncio de licitación deste.

A presente resolución constitúe acto de trámite para os efectos do parágrafo segundo do artigo 107 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

1. Entidade adxudicadora.

A Xunta de Galicia por medio da súa Secretaría Xeral para o Deporte.

2. Obxecto do contrato.

Urbanización do contorno do edificio de servicios administrativos e sede das federacións deportivas en Vigo. Pontevedra.

a) Prazo de execución: catro (4) meses.

b) Orzamento de execución por contrata:

Anualidade de 2002: trinta e sete mil catrocentos oitenta e cinco euros con nove céntimos (37.485,09 euros), IVE incluído.

Anualidade de 2003: cen mil euros (100.000 euros), IVE incluído.

3. Garantía provisional.

Non se esixe.

4. Garantía definitiva.

Catro por cento (4%) do orzamento de licitación.

5. Obtención de documentación e información.

No Servicio de Contratación e Xestión Económica da Secretaría Xeral para o Deporte (Estadio Multiusos de San Lázaro, s/n. Santiago de Compostela. Teléfono: 981 54 26 26. Fax: 981 54 26 39).

Fotocopias dos pregos de cláusulas administrativas, prescricións técnicas e proxecto técnico poderán ser solicitados directamente en Xeneral Pardiñas, nº 2 de Santiago de Compostela. Teléfono: 981 58 89 38.

Os pregos de cláusulas administrativas particulares ós que se refire o parágrafo anterior poderán ser consultados na rede da Internet (www.xunta.es/contratacion).

6. Presentación de ofertas.

a) Data límite: ás 14 horas do décimo terceiro (13) día natural posterior á publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que se presentará: a requirida polo prego de cláusulas administrativas particulares.

Os contratistas que se atopen inscritos no rexistro xeral de Contratistas da Comunidade Autónoma e así o fagan constar na carátula do sobre A (documentación administrativa) quedarán exonerados de presenta-la documentación á que se refire o artigo 5 da Orde do 23 de outubro de 1995 (DOG do 10 de novembro), modificada pola Orde do 9 de decembro de 1996 (DOG do 23 de decembro).

c) Lugar de presentación: o rexistro de documentos da Secretaría Xeral para o Deporte (Estadio Multiusos. San Lázaro. 15890 Santiago de Compostela. Prescricións fax: 981 54 26 39), ou no xeral da Xunta de Galicia (Edificio Administrativo San Caetano. Santiago de Compostela), ou ser presentados por correo dentro do prazo de admisión.

d) Admisión de variantes: admítense en relación co prazo de execución do contrato.

7. Apertura de ofertas.

Levarase a cabo ás 9.30 horas do sexto día hábil seguinte ó de remate do prazo de presentación de ofertas, que non sexa sábado, na sala de xuntas da Secretaría Xeral para o Deporte (Estadio Multiusos, San Lázaro, 15890 Santiago de Compostela).

8. Gastos de anuncios.

Será por conta do adxudicatario, o custo da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia e, se é o caso, da inserción do seu extracto nos medios de comunicación escrita.

Santiago de Compostela, 30 de outubro de 2002.

P.D. (Orde 11-1-2002)

Eduardo Lamas Sánchez

Secretario xeral para o Deporte