Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Venres, 08 de novembro de 2002 Páx. 15.729

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 31 de outubro de 2002, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se aproban e se fan públicas as relacións definitivas de aspirantes admitidos e excluídos ás probas selectivas para o ingreso no corpo de axudantes facultativos da Xunta de Galicia (grupo C), escala de subinspección pesqueira.

Por Resolución do 16 de xullo de 2002, da Dirección Xeral da Función Pública, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 143, do 26 de xullo, apróbanse as relacións provisionais de aspirantes admitidos e excluídos ás probas selectivas para o ingreso no corpo de axudantes facultativos da Xunta de Galicia (grupo C), escala de subinspección pesqueira.

Transcorrido o prazo regulamentario para a presentación de emendas relativas ás citadas relacións de admitidos e excluídos, de conformidade co establecido no artigo 12 do Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia e na base I.4.2 das que rexen as probas selectivas convocadas pola Orde do 29 de novembro de 2001, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 239, do 12 de decembro, modificada pola orde da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública do 16 de abril

de 2002, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 80, do 25 de abril, esta dirección xeral

RESOLVE:

Aproba-las listas definitivas de admitidos e excluídos ás probas selectivas para o ingreso no corpo de axudantes facultativos da Xunta de Galicia (grupo C), escala de subinspección pesqueira.

A lista definitiva de aspirantes excluídos figura publicada como anexo a esta resolución.

As listas definitivas de aspirantes admitidos estarán expostas nos taboleiros de anuncios da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, e nos das súas delegacións provinciais, no Servicio de Información do edificio administrativo da Xunta de Galicia en Vigo, e nas oficinas comarcais da Xunta de Galicia.

Para efectos de información, o teléfono de contacto é o 902 12 00 12, das 9 ás 19 horas de luns a venres, e das 9 ás 14 horas os sábados.

De conformidade co establecido na base I.3.1, os solicitantes excluídos disporán do prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para solicita-la devolución dos dereitos de exame aboados, debendo consigna-lo nome e apelidos, NIF, grupo ó que se presentou e o número de conta, entidade bancaria e localidade desta.

Contra esta resolución poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante a Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, ou poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados desde a mesma data, de conformidade co disposto no artigo 8.2º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, en relación co artigo 10.1º do mesmo texto legal.

Santiago de Compostela, 31 de outubro de 2002.

Belén Prado Sanjurjo

Directora xeral da Función Pública

ANEXO

APELIDOS E NOMEDNIEXCLUSION

CARRERA RODRIGUEZ, FERNANDO36048798-R55

DEVESA GIL, CRISANTO52490097-A55

GONZALEZ FERNANDEZ, MANUEL ANTONIO44379720-R55

LAGE GALDO, JOSE MARIA32750735-T55

MARTIN SANCHEZ, MARIA ELENA32666300-K20

PATIÑO CORES, MANUELA36073292-T55

RODRIGUEZ FERNANDEZ, JESUS52454827-S55

TRILLO QUINTANS, JOSE32778539-C22

CAUSAS DE EXCLUSION

20 TAXAS NON ABOADAS

22 TAXAS ABOADAS FORA DE PRAZO

55 NON CUMPRIR OU ACREDITA-LO REQUISITO DE TITULACION