Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Venres, 08 de novembro de 2002 Páx. 15.730

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 31 de outubro de 2002, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se aproban e se fan públicas as relacións definitivas de aspirantes admitidos e excluídos ás probas selectivas para o ingreso no corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia (grupo B), escala de axentes de extensión pesqueira.

Por Resolución do 18 de xuño de 2002, da Dirección Xeral da Función Pública, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 122, do 26 de xuño, apróbanse as relacións provisionais de aspirantes admitidos e excluídos ás probas selectivas para o ingreso no corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia (grupo B), escala de axentes de extensión pesqueira.

Transcorrido o prazo regulamentario para a presentación de emendas relativas ás citadas relacións de admitidos e excluídos, de conformidade co establecido no artigo 12 do Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia e na base I.4.2 das que rexen as probas selectivas convocadas pola Orde do 29 de novembro de 2001, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 238, do 11 de decembro, modificada pola orde da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública do 16 de abril de 2002, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 80, do 25 de abril, esta dirección xeral

RESOLVE:

Aproba-las listas definitivas de admitidos e excluídos ás probas selectivas para o ingreso no corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia (grupo B), escala de axentes de extensión pesqueira.

A lista definitiva de aspirantes excluídos figura publicada como anexo a esta resolución.

As listas definitivas de aspirantes admitidos estarán expostas nos taboleiros de anuncios da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, e nos das súas delegacións provinciais, no Servicio de Información do edificio administrativo da Xunta de Galicia en Vigo, e nas oficinas comarcais da Xunta de Galicia.

Para efectos de información, o teléfono de contacto é o 902 12 00 12 en horarios das 9 ás 19 horas de luns a venres e das 9 ás 14 horas os sábados.

De conformidade co establecido na base I.3.1, os solicitantes excluídos disporán do prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para solicita-la devolución dos dereitos de exame aboados, debendo consigna-lo nome e apelidos, NIF, grupo ó que se presentou e o número de conta, entidade bancaria e localidade desta.

Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante a Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Adminis

tración Pública, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, ou poderase interpoñer directamente recurso contencioso administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados desde a mesma data, de conformidade co disposto no artigo 8.2º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, en relación co artigo 10.1º do mesmo texto legal.

Santiago de Compostela, 31 de outubro de 2002.

Belén Prado Sanjurjo

Directora xeral da Función Pública

ANEXO

NOMEDNIEXCLUSION

ACUÑA FERNANDEZ, FRANCISCO36114951-Y55

ALFONSO RIVEIRO, PURIFICACION35447251-L55

AÑON SANDE, CESAR MODESTO32815672-P55

BLANCO FERNANDEZ, MARIA TERESA36136089-F55

CASAIS LAIÑO, MARIA ELENA33265825-M20

GARCIA CAAMAÑO, FRANCISCO ALEXANDRE76779388-Y10, 22, 55

MANEIRO PAIS, MANUEL33214027-A55

PAZ PENA, ANDRES52458354-T21

RIVAS LAGO, RAMON ANGEL52453111-R55

ROMERO ALONSO, MARIA DEL MAR35456729-K55

SAN ISIDRO LOPEZ, BERTA MARIA75810760-T55

CAUSAS DE EXCLUSION

10 INSTANCIA FORA DE PRAZO

20 TAXAS NON ABOADAS

21 IMPORTE TAXAS INGRESADAS INFERIOR O ESTIPULADO

22 TAXAS ABOADAS FORA DE PRAZO

55 NON CUMPRIR OU ACREDITA-LO REQUISITO DE TITULACION