Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Venres, 08 de novembro de 2002 Páx. 15.729

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 22 de outubro de 2002, do tribunal designado para xulga-lo proceso selectivo para o acceso á categoría 4 (auxiliar fogar, coidador/a auxiliar, auxiliar coidador/a) do grupo IV do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia.

Na sesión que tivo lugar o día 21 de outubro de 2002 o tribunal designado polas ordes da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública do 10 de decembro de 2001 (DOG nº 247, do 25 de decembro) e da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública do 15 de xaneiro de 2002 (DOG nº 17, do 23 de xaneiro), modificadas pola Orde do 24 de xaneiro de 2002 (DOG nº 51, do 12 de marzo)

para xulga-lo proceso selectivo correspondente á categoría 4 (auxiliar fogar, coidador/a auxiliar, auxiliar coidador/a) do grupo IV do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, convocado pola Orde do 30 de xullo de 2001 (DOG nº 160, do 20 de agosto),

ACORDOU:

-Anula-las preguntas números 44 e 49 do cuestionario correspondente á categoría 4 (auxiliar fogar, coidador/a auxiliar, auxiliar coidador/a) do grupo IV do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia por non ser correcta a súa formulación.

-Establece-lo punto de corte en 32 preguntas das 50 das que constaba o cuestionario.

-Os interesados dispoñen dun prazo de 10 días a partir da data de publicación das notas para efectuaren as correspondentes reclamacións contra a listaxe provisional.

-Fixa-la data do exame correspondente ó exercicio da categoría 4 do grupo IV, que terá lugar o día 26 de novembro ás 18 horas nas dependencias da Facultade de Dereito de Santiago de Compostela.

Os aspirantes deberán ir provistos de DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade, bolígrafo azul ou negro.

Santiago de Compostela, 22 de outubro de 2002.

Mª José Pérez Dafonte

Presidenta del tribunal IV-A