Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Venres, 08 de novembro de 2002 Páx. 15.702

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

RESOLUCIÓN do 24 de outubro de 2002 sobre homologación dun curso para guías turísticos de Galicia.

Ó abeiro do disposto na disposición derradeira primeira, do Decreto 42/2001, do 1 de febreiro, de refundición en materia de axencias de viaxe, guías de turismo e turismo activo, e para os efectos establecidos nos artigos 32 e 33 do referido decreto, esta consellería resolve homologa-lo seguinte curso por 50 horas de formación:

Guías intérpretes no parque natural Baixa Limia-Serra do Xerés, que se desenvolverá en Lobios (Ourense) ó longo dos meses de novembro e decembro de 2002 (información e inscricións Segur-Xurés. Teléfono 647 60 65 03 e 639 65 18 21).

Santiago de Compostela, 24 de outubro de 2002.

Jesús Pérez Varela

Conselleiro de Cultura, Comunicación Social e Turismo