Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Venres, 08 de novembro de 2002 Páx. 15.701

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 14 de outubro de 2002 pola que se modifica a autorización do centro privado ICA de Vigo (Pontevedra), segundo se especifica no anexo.

Examinado o expediente presentado polo centro privado ICA de Vigo (Pontevedra), no que solicita a supresión do ciclo formativo de grao superior de dietética (autorizado segundo a Orde do 13 de novembro de 2001 (DOG do 13 de decembro), e a modificación das ratios alumnos/unidade dos ciclos formativos de grao superior de administración de

sistemas informáticos e desenvolvemento de aplicacións informáticas.

Tendo en conta que o expediente foi tramitado pola Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria de Pontevedra, que se remite cos informes correspondentes.

Vistos o Real decreto 1004/1991, do 14 de xuño (BOE do 26 de xuño), polo que se establecen os requisitos mínimos dos centros que imparten ensinanzas de réxime xeral non universitarias; Real decreto 777/1998 (BOE do 8 de maio), polo que se desenvolven determinados aspectos da ordenación da formación profesional no ámbito do sistema educativo; Orde do 21 de decembro de 1999 (DOG do 31-1-2000), pola que se regulan determinados aspectos relativos á autorización de centros privados exclusivos de formación profesional específica; Decreto 296/1999 (DOG do 18 de novembro), polo que se desenvolven determinados aspectos dos currículos dos ciclos formativos de formación profesional específica na Comunidade Autónoma de Galicia; Decreto 133/1995, do 10 de maio (DOG do 22 de maio), e a Orde do 20 de setembro de 1995 (DOG do 15 de decembro), que desenvolve o dito decreto.

Considerando que concorren no expediente os requisitos esixidos nas disposicións vixentes para poder acceder ó solicitado.

Esta consellería, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa,

DISPÓN:

Primeiro.-Autorizarlle a supresión do ciclo formativo de grao superior de dietética e, así mesmo, modifica-las ratios alumnos/unidade dos ciclos formativos de grao superior de administración de sistemas informáticos e desenvolvemento de aplicacións informáticas ó centro privado ICA de Vigo (Pontevedra), quendando a composición resultante segundo se especifica no anexo desta orde.

Segundo.-Queda o centro obrigado ó cumprimento da lexislación vixente e a solicita-la oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que sinala esta orde.

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes, a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 4/1999 (BOE do 14 de xaneiro), de modificación da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo, no prazo do dous meses, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Santiago de Compostela, 14 de outubro de 2002.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO

Provincia: Pontevedra.

Concello: Vigo.

Localidade: Vigo.

Enderezo: r/ Portela nº 12.

Código do centro: 36024082.

Denominación: Centro Privado ICA.

Titulares: Mª Carmen Martínez Sánchez e José Ramón López Vázquez.

Composición resultante:

Quenda de mañá:

Familia profesional: informática.

1 ciclo formativo de grao superior de desenvolvemento de aplicacións informáticas (2 unidades, 30 alumnos/unidade).

Familia profesional: sanidade.

1 ciclo formativo de grao medio de coidados auxiliares de enfermería (1 unidade para 20 alumnos).

Quenda de tarde-noite:

Familia profesional: informática.

1 ciclo formativo de grao superior de administración de sistemas informáticos (2 unidades, 30 alumnos/unidade).

Familia profesional: sanidade.

1 ciclo formativo de grao medio de coidados auxiliares de enfermería (1 unidade para 20 alumnos).

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL

E TURISMO