Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Xoves, 07 de novembro de 2002 Páx. 15.660

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 14 de outubro de 2002, da Secretaría Xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, pola que se notifica a resolución do recurso de alzada número V-2002/0114, interposto contra a Resolución do 27 de decembro de 2001, do delegado provincial de Pontevedra do Instituto Galego da Vivenda e Solo.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ó interesado, co último domicilio coñecido en Torneiros, fase IV, bloque 7, baixo esquerda, no Porriño (Pontevedra), a resolución do recurso de alzada número V-2002/0114 interposto contra a resolución do delegado provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo en Pontevedra, do 27 de decembro de 2001, da que a súa parte dispositiva di:

Na súa virtude,

RESOLVO:

Estima-lo recurso de alzada número V-2002/0114, interposto por Javier Moure Parada contra a resolución do delegado provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) de Pontevedra, dictada o 27 de decembro de 2001 no expediente sancionador ES-P-023/01, pola que se lle impón unha sanción de multa de 2.103,54 A (350.000 pesetas) como responsable da comisión dunha infracción grave tipificada no artigo 5 c) da Lei 13/1996, do 30 de decembro, de infraccións en materia de vivenda, declarando caducado o procedemento e arquivándoo sen máis trámite; resolución que se revoga coa remisión do expediente á Delegación Provincial do IGVS de

Pontevedra para que proceda para os efectos oportunos.

Contra esta resolución, que se transcribe definitiva en vía administrativa, cabe recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade cos artigos 8 e 10 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa notificación, conforme o disposto no artigo 46.1º da citada Lei 29/1998.

E para que conste e lles sirva de notificación ós interesados, asino e selo esta cédula.

Santiago de Compostela, 14 de outubro de 2002.

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda