Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Xoves, 07 de novembro de 2002 Páx. 15.660

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 24 de setembro de 2002, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/282).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Eléctrica de Cabañas, S.L.

Domicilio social: r/ Areal, 45-B, 15621 Cabanas (A Coruña).

Denominación: variante de L.M.T. ó C.T. A Pena e C.T. A Pena e variante L.M.T. ó C.T. Muíño do Cubo.

Situación: Cabanas.

Características técnicas: liñas eléctricas aerosubterráneas de media tensión, sobre apoios de formigón e metálicos e conductor LA-56 os tramos aéreos e baixo tubo e conductor R.H.Z. 1 12/20 kV de 3(1x95) mm Al os tramos subterráneos: de 70 m en aéreo de 44 m en subterráneo, a variante que alimenta o C.T. A Pena. De 233 m en aéreo e 256 m en subterráneo, a variante que alimenta o C.T. Muiño do Cubo. Centro de transformación en caseta prefabricada de formigón, de 160 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV en Muíño do Cubo. Cabanas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo expediente e presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 24 de setembro de 2002.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña