Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Xoves, 07 de novembro de 2002 Páx. 15.659

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 11 de outubro de 2002, da Secretaría Xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, pola que se notifica a resolución dos recursos de alzada números V-2001/0174 e V-2001/0175, interpostos contra a Resolución do 2 de xullo de 2001, do delegado provincial de Pontevedra do Instituto Galego da Vivenda e Solo.

De conformidade co disposto no artículo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ós interesados, Asypra, S.L., co último domicilio coñecido en avda. Emilia Pardo Bazán, s/n, Sanxenxo (Pontevedra); e Porta do Sol Lérez, S.L. con domicilio en Pardo Bazán, edf. Avelaíña entreplanta, Sanxenxo (Pontevedra), a resolución dos recursos de alzada números V-2001/0174 e V-2001/0175, interpostos contra a resolución do delegado provincial do Instituto

Galego da Vivenda e Solo en Pontevedra, con data do 2 de xullo de 2001, da que a súa parte dispositiva di:

Na súa virtude,

RESOLVO:

Desestima-los recursos de alzada números V-2001/0174 e 2001/0175 interpostos pola representación da empresa Porta do Sol Lérez, S.L. e pola representación da empresa Asypra, S.L. contra a resolución do delegado provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) de Pontevedra, dictada o 2 de xullo de 2001 no expediente sancionador ES-P-003/01, que lles impón como responsables solidarios da comisión dunha infracción moi grave tipificada no artigo 6 e) da Lei 13/1996, do 30 de decembro, de infraccións en materia de vivenda, a sanción de 12.020,24 euros (2.000.000 de pesetas) e a inhabilitación para participar en promocións de vivendas de protección oficial durante tres anos, xun

to coa esixencia de realiza-las obras de reparación e conservación necesarias para acomoda-la edificación ó proxecto no seu día aprobado; resolución que se confirma.

Contra esta resolución, que se transcribe definitiva en vía administrativa, cabe recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra, de conformidade cos artigos 8 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa notificación, conforme o disposto no artigo 46.1º da citada Lei 29/1998.

E para que conste e lles sirva de notificación ós interesados, asino e selo esta cédula.

Santiago de Compostela, 11 de outubro de 2002.

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivienda