Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Xoves, 07 de novembro de 2002 Páx. 15.654

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO DOUS DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (661/2002).

Jaime Balado Yáñez, secretario xudicial do Xulgado do Social número dous da Coruña, dou fe y testemuño de que nos autos seguidos perante este xulgado do Social tramitados baixo o número 661/2002 contra a empresa Aniceto Alonso Rodríguez, S.L., sobre resolución de contrato, se dictou a seguinte sentencia:

«Sentencia.-A Coruña, 9 de outubro de 2002. Jorge Hay Alba, maxistrado xuíz do Social número dous

desta cidade, viu os presentes autos de xuízo 661/2002, seguidos por instancia de Francisco Manuel Angulo López, José Francisco Dopico Graña, Juan Carlos Dopico Lado, José Manuel Sánchez Sánchez e Jesús Ángel Teijido Carreiras, maiores de idade, asistidos polo letrado Felipe Martínez Ramonde, contra a empresa Aniceto Alonso Rodríguez, S.L., que non compareceu nos autos, e o Fondo de Garantía Salarial, representado e asistido pola letrada María Paz Gómez Vázquez, sendo o obxecto da reclamación resolución de contrato.

Seguen feitos e fundamentos xurídicos.

Decido que debo desestimar e desestimo a demanda interposta por Francisco Manuel Angulo López, José Francisco Dopico Graña, Juan Carlos Dopico Lado, José Manuel Sánchez Sánchez e Jesús Ángel Teijido Carreiras, contra a empresa Aniceto Alonso Rodríguez, S.L., coa intervención do Fondo de Garantía Salarial, e absolvo a empresa dos pedimentos contidos nela.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás que se lles fará saber que contra a referida sentencia só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, anunciándose ante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir da notificación desta sentencia, da que coñecerá, se é o caso, a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, como establece o artigo 188 do texto refundido da lei, aprobado polo R.D.L. 2/1995, do 7 de abril.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación a Aniceto Alonso Rodríguez, S.L. mediante a súa publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG), que ten domicilio descoñecido, expido e asino esta cédula na Coruña o 9 de outubro de 2002.

O secretario xudicial

Rubricado