Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Xoves, 07 de novembro de 2002 Páx. 15.654

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SETE DE PONTEVEDRA

EDICTO (216/2002).

Jacinto José Pérez Benítez, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número sete de Pontevedra, fai saber que neste xulgado e baixo o nº 216/2002 se seguen autos de liquidación de sociedade de gananciais, por instancia de Rosa Varela Rodríguez contra José Bouzán Moreira, e con intervención do Ministerio Fiscal, nos que no día da data se dictou auto que na súa parte dispositiva literalmente di:

«Parte dispositiva: que procede homologa-lo inventario da sociedade de gananciais formada por José Bouzán Moreira e Rosa Varela Rodríguez, cos bens seguintes: activo: piso terceiro esquerda, letra D, destinado a vivenda, situado na terceira planta da casa nesta cidade, rúa de Ernesto Caballero, sen número actual de goberno, hoxe sinalada co número 30. Mide sesenta e nove metros e oitenta decímetros cadrados de superficie útil, distribuída en vestíbulo, sala-comedor, catro dormitorios, cociña, baño, lavadeiro e balcón ó fondo. Linda, pola súa fronte, relanzo, oco da escaleira, patio de luces e piso terceiro dereita letra A; dereita, entrando nel, piso terceiro esquerda, letra C; esquerda, Ramón Diz García; e fondo, con aires da terraza do piso primeiro esquerda, letra D. Está inscrito no Rexistro da Propiedade de Pontevedra, no tomo 544, libro 205, folio 108 volto, número 17.060.

Pasivo:

1. Crédito polo importe de 1.283,16 euros, correspondente ó 50% do importe total dos pagamentos efectuados por Rosa Varela Rodríguez, en concepto

de cotas correspondentes ós gastos da comunidade xerados polo inmoble antes descrito.

2. Importe da pensión alimenticia, 360,01 euros, desde a data da presentación da demanda de divorcio (ano 1996), actualizada de acordo cos índices do IPC a partir do 31 de xaneiro de 1998 (un ano despois da sentencia recaída naquel proceso).

Contra esta resolución cabe interpor recurso de apelación ante este xulgado no prazo de cinco días contado a partir do seguinte ó da súa notificación.

Así o manda e asina SSª. Dou fe. Seguen as sinaturas e a publicación».

E como consecuencia do ignorado paradoiro de José Bouzán Moreira, expídese este edicto para que sirva de cédula de notificación.

Pontevedra, 8 de outubro de 2002.

O maxistrado-xuíz

Rubricado