Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Xoves, 07 de novembro de 2002 Páx. 15.644

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 24 de outubro de 2002, do tribunal designado para cualifica-lo proceso selectivo para o acceso ó corpo facultativo superior da Administración autonómica, escala de químicos, convocado pola Orde do 8 de outubro de 2001, pola que se convocan os opositores que superaron o segundo exercicio da fase de oposición para a realización do cuarto exercicio, específico para o sistema de acceso libre.

Unha vez constatado que os aspirantes opositores que superaron o segundo exercicio da oposición están exentos de realiza-lo terceiro exercicio desta fase por terse acreditado que están en posesión do curso de perfeccionamento de galego, este tribunal acorda, consonte coa base II.2.2 da Orde do 8 de outubro de 2001 convoca-los opositores que teñen superado este segundo exercicio á realización do cuarto exercicio, específico para o sistema de acceso libre, que terá lugar o 22 de novembro de 2002 ás 9 horas 30 minutos na sala 6 da Escola Galega da Administración Pública.

Este exercicio de carácter eliminatorio consistirá na resolución dun suposto práctico a elección do aspirante, de entre dous que serán os resultantes do sorteo levado a efecto entre seis elixidos polo tribunal e relacionados coas materias correspondentes ó contido do programa no que se refire ós temas específicos de cada escala, tal e como consta nesta base da convocatoria.

Así mesmo, lémbrase ós opositores, conforme as bases da convocatoria, que para a realización do exercicio deberán presentarse provistos do documento nacional de identidade ou documento acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal e que se poderán servir de textos legais sen comentarios, excluíndose os libros de consulta.

Santiago de Compostela, 24 de outubro de 2002.

José Francisco Alonso Picón

Presidente do tribunal