Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Xoves, 07 de novembro de 2002 Páx. 15.644

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 31 de outubro de 2002, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se resolve o concurso de traslados do persoal laboral L-01/2002 convocado por Orde do 18 de xuño de 2002.

Convocado o concurso de traslados do persoal laboral por orde desta consellería do 18 de xuño de

2002 (DOG nº 119, do 21 de xuño), esta dirección xeral, de conformidade co previsto na base sete da orde da convocatoria, e á vista da proposta de adxudicación de vacantes ós participantes na primeira e segunda fase do concurso elevada pola comisión de valoración de méritos,

DISPÓN:

Primeiro.-Resolver definitivamente o concurso de traslados do persoal laboral L-01/2002, adxudicándolles ós traballadores que se relacionan nos anexos I e II os postos de traballo que se especifican neles, tanto na primeira fase do concurso como na fase de resultas.

Segundo.-O persoal relacionado nos anexos I e II, de conformidade co disposto na base oitava da convocatoria, deberá cesar no seu posto de traballo no prazo de tres días, contado desde o día seguinte ó da publicación desta resolución. O prazo para tomar posesión no novo posto será de tres días se o destino do novo posto non implica cambio de residencia habitual do concursante, ou dun mes se implica cambio de residencia.

Se na data do cesamento ou do inicio do cómputo do prazo de toma de posesión o persoal está gozando dun período de licencia, vacacións ou permiso, o cómputo do prazo para tomar posesión comezará o día seguinte ó da reincorporación ó posto de traballo.

Terceiro.-Non obstante, no suposto de que a praza de destino se atope ocupada por un contratado laboral temporal que teña un contrato que non exceda dos seis meses, a Administración poderá prorroga-lo cesamento do adxudicatario no seu posto de procedencia mentres non remate o contrato temporal referido. Así mesmo, terase en conta o previsto na base 8.2ª en relación co artigo 34.1º b) do IV convenio colectivo único do persoal laboral da Xunta de Galicia.

Contra esta resolución poderase interpoñer reclamación administrativa perante a directora xeral da Función Pública, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación da dita resolución no Diario Oficial de Galicia, en aplicación dos artigos 120 e seguintes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e demais disposicións concordantes.

Santiago de Compostela, 31 de outubro de 2002.

Belén Prado Sanjurjo

Directora xeral da Función Pública