Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Xoves, 07 de novembro de 2002 Páx. 15.630

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 2 de outubro de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa Harinas y Sémolas del Noroeste, S.A. (Hasenosa).

Visto o texto do convenio colectivo da empresa Harinas y Sémolas del Noroeste, S.A., (Hasenosa) con nº de código 3602242 que tivo entrada nesta delegación provincial o día 17-9-2002, subscrito en representación da parte económica pola representación da empresa, e da parte social, polo comité de emrpesa, en data 18-6-2002. De conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, obrante nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 2 de outubro de 2002.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Convenio colectivo Hasenosa 2002

Capítulo I

Disposicións xerais

Artigo 1º.-Ámbito funcional.

Este convenio colectivo, que terá ámbito de empresa, regulará en exclusiva as relacións laborais, sociais e económicas que se dean no centro de traballo que Hasenosa ten no polígono industrial das Gándaras de Budiño.

Artigo 2º.-Ámbito persoal.

As condicións do convenio serán de aplicación á totalidade dos traballadores, presentes ou futuros, que presten os seus servicios no centro de traballo aludido no artigo anterior, agás todos aqueles que desempeñen cargos directivos.

Artigo 3º.-Ámbito temporal.

O convenio entrará en vixor o día seguinte ó da súa sinatura, sen prexuízo de que as condicións económicas se apliquen desde o día 1 de xaneiro do 2002 para todos aqueles traballadores con relación

contractual vixente na data de sinatura deste convenio.

Este convenio terá unha duración de dous anos, finalizando o 31 de decembro de 2003. Cunha antelación mínima de tres meses, calquera das partes poderá exerce-lo seu dereito a denuncia-lo convenio. De non mediar tal denuncia coa anticipación sinalada, o convenio quedará tacitamente prorrogado por períodos sucesivos dun ano de duración cada un.

Artigo 4º.-Condicións máis beneficiosas.

Tódalas condicións económicas establecidas neste convenio teñen o carácter de mínimas e retroactivas ó 1 de xaneiro de 2002, respectándose as condicións máis beneficiosas en cómputo anual que na actualidade estean como dereitos adquiridos ad personam.

Artigo 5º.-Absorción e compensación.

As condicións sociais e económicas que se pactan neste convenio substitúen na súa integridade as existentes no momento da súa entrada en vigor, quedando aquelas absorbidas e compensadas calquera que fose a súa orixe e natureza.

Artigo 6º.-Comisión paritaria.

Créase, para os efectos legais e convencionais que se establezan, unha comisión paritaria do convenio coas funcións primordiais de interpretación, arbitraxe e conciliación do contido e aplicación deste convenio.

O funcionamento da comisión paritaria determinarase polo presente convenio, polas disposicións regulamentarias que a desenvolvan e polas disposicións legais de aplicación xeral.

A comisión paritaria, que estará integrada por dous membros de cada unha das representacións, social e empresarial, constituirase dentro do prazo de quince días a partir da sinatura do convenio, debendo, a partir dese momento, elabora-lo seu regulamento interno de funcionamento.

Para efectos de evita-la excesiva xudicialización das diverxencias, de conformidade coa finalidade principal pola que se crea a comisión paritaria, establécese a obrigatoriedade da conciliación previa nos conflictos que poidan derivase da interpretación e da aplicación do presente convenio. Esta conciliación previa deberá intentarse no prazo máximo de sete días contados desde o momento en que un dos integrantes da comisión así llo solicite formalmente por escrito á outra parte. Transcorrido o prazo sinalado con anterioridade sen que tivese lugar o acto de conciliación, a parte promovente poderá, libremente, inicia-los trámites de solución do conflicto colectivo ante o órgano administrativo ou xurisdiccional que corresponda.

Capítulo II

Condicións laborais

Artigo 7º.-Xornada e horario.

Acórdase, que para os anos 2002 e 2003 a xornada laboral será de 1.792 horas anuais de traballo efectivo. Esta xornada adaptarase ó calendario laboral que de común acordo se estableza, anualmente, entre a empresa e os traballadores. O calendario laboral

da empresa negociarase cun mes de antelación á súa entrada en vigor. O calendario xúntase a este convenio como anexo número I.

A elaboración do calendario laboral deberá ter en conta a organización do traballo de conformidade coas necesidades da empresa.

As quendas e os horarios establécense de acordo co seguinte detalle:

Factoría: quenda de mañá: de 6 a 14 horas.

Quenda de tarde: de 14 a 22 horas.

Quenda de noite: de 22 a 6 horas.

Almacén: quenda de mañá: de 6 a 14 horas.

Quenda de tarde: de 14 a 22 horas.

Técnicos e administrativos: quenda de mañá: de 7 a 15 horas.

Os cambios de quenda solaparanse durante dez minutos, co fin de que a quenda saínte poida informa-la entrante das incidencias e condicións que afecten a producción.

O persoal disporá de dez minutos de descanso retribuído ó longo da súa xornada laboral, que desfrutará segundo necesidades da empresa, no momento que indique o encargado de fábrica.

Entre o final da xornada e o comezo da seguinte mediará un mínimo de 12 horas de descanso.

Artigo 8º.-Festivos.

O persoal afecto ó presente convenio terá dereito a desfrutar das festas nacionais e locais do Porriño que se determinen no calendario oficial de festas aprobado polo Departamento de Traballo da Xunta de Galicia.

Artigo 9º.-Vacacións.

Os traballadores comprendidos no ámbito de aplicación do presente convenio desfrutarán de 22 días laborables de vacacións retribuídas ó ano, como mínimo ou, de se-lo caso, a parte proporcional ó tempo efectivamente traballado como empregado de Hasenosa. Desta vacación, como mínimo, quince días naturais deberán desfrutarse de forma ininterrompida entre os meses de xullo a setembro.

As vacacións anuais, que deberán quedar fixadas no calendario laboral anual, poderán modificarse individualmente de mutuo acordo coa dirección da empresa cunha antelación mínima de dous meses. En todo caso, enténdese que o período vacacional se fixará de acordo cos representantes dos traballadores.

A baixa ocorrida unha vez iniciado o período vacacional non interromperá o desfrute deste, non xerándose un novo dereito a tomar outro período de descanso polo tempo que puidese restar. Non obstante, se a baixa ten lugar antes do período de vacacional, o traballador non poderá ser obrigado a desfrutar das súas vacacións mentres dure a situación de baixa.

Os traballadores que, tendo as súas vacacións asignadas, acorden coa empresa cambia-la data do seu desfrute por necesidades de producción, terán dereito a unha compensación económica, de carácter único, de 63,76 A.

A compensación económica non terá lugar cando o cambio de vacacións sexa de carácter xeral e afecte a tódolos traballadores.

As vacacións non poderán trasladarse nin acumularse a anos posteiores. Páctase unha bolsa de vacacións que se pagará o 31 de xullo de cada ano por unha contía de 125 A, que se incrementará a 150 A para o ano 2003 e seguintes.

Artigo 10º.-Horas extraordinarias.

As horas extraordinarias remuneraranse de acordo co valor da hora ordinaria. Cando por motivos xustificados deban realizarse horas extraordinarias, estas, logo de acordo cos representantes dos traballadores, poderán, ou ben pagarse, ou ben computarse dentro da xornada anual de traballo e compensarse dentro dos tres meses seguintes á súa realización con horas equivalentes de descanso retribuído.

As horas extraordinarias realizadas de noite, ou en días non laborables remuneraranse incrementando o valor da hora ordinaria nun 75%. En calquera caso as horas extraordinarias feitas por motivos de avarías remuneraranse en tódalas circunstancias ó valor da hora ordinaria. Na sección de mantemento tódalas horas extraordinarias realizadas de noite ou en días non laborables incluídas as realizadas por motivos de avaría remuneraranse incrementando a hora ordinaria nun 25%.

Para os efectos deste artigo, enténdese por avaría grave a que obrigue a para-la liña un mínimo de oito horas.

En ningún caso terán as horas extraordinarias carácter obrigatorio.

Artigo 11º.-Quenda de noite.

Considérase quenda de noite a realizada entre as dez da noite e as seis da mañá. As horas nocturnas remuneraranse de acordo co valor da hora ordinaria.

Artigo 12º.-Permisos.

O traballador, avisando coa debida antelación e xustificándoo adecuadamente, poderá faltar ou ausentarse do traballo con dereito a remuneración, a excepción dos conceptos extrasalariais que se establezan neste convenio, por algún dos motivos e polo tempo máximo que a seguir se expresa:

1. Matrimonio do traballador, 15 días naturais.

2. Enfermidade grave de familiares de primeiro grao ou hospitalización con intervención cirúrxica, 3 días se é dentro da provincia e 5 se sucediese fóra dela. Esta licencia poderá continuarse sen dereito a remuneración e logo de certificado médico, por un prazo non superior a dez días.

3. Nacemento dun fillo, 3 días naturais.

4. Morte dun cónxuxe, ascendentes ou descendentes, 3 días naturais.

5. Morte de familiares políticos do mesmo grao, tendo como límite os supostos de avós e netos, 2

días naturais se o falecemento se produce dentro da provincia, se se produce fóra, 3 días naturais.

6. Cambio de domicilio, 2 días naturais.

7. Matrimonio de fillo, sempre que se celebre en día laborable, 2 días naturais.

8. As traballadoras por lactación dun fillo menor de nove meses, terán dereito a unha hora de ausencia do traballo, que poderán dividir en dúas fraccións. A muller poderá substituír este dereito por unha reducción da xornada laboral nunha hora coa mesma finalidade, que deberá producirse, ben ó comenzo ou ben ó final da xornada laboral.

9. Cando haxa que acudir a probas de recoñecemento médico en centros sanitarios, o tempo necesario logo de xustificación médica. Para consultas médicas, 4 horas para todo o persoal, sempre e cando se reintegren ó posto de traballo o resto da xornada.

10. Polo tempo indispensable para o cumprimento dun deber inescusable de carácter público e persoal. Cando conste nunha norma legal, sindical ou convencional un período determinado, aplicarase o que dispoña a norma en canto á duración da ausencia e á súa compensación económica.

11. Quen por razóns de garda legal teñá ó seu cargo directo un menor de 6 anos ou un diminuído físico ou psíquico que non desempeñe outra actividade retribuída, terá dereito a unha reducción da xornada de traballo dun 50% como máximo, e coa diminución proporcional do salario que corresponda.

12. Os representantes sindicais que participan nas comisións negociadoras de convenios colectivos, mantendo a súa vinculación como traballadores en activo, terán dereito á concesión dos permisos retributivos que sexan precisos para o adecuado exercicio do seu labor como negociadores, sempre que a empresa estea afectada pola negocación.

13. Cada traballador terá, individualmente, dereito a fixar un día adicional de licencia retribuída, de acordo coas seguintes condicións: a) deberá avisar con quince días de antelación ó da data do seu desfrute, b) a data do desfrute quedará, en todo caso, supeditada ás necesidades de fabricación e ó visto e prace do encargado.

O tempo concedido en concepto de licencia non poderá ser descontado do período de vacacións que corresponda ó traballador.

Para efectos das correspondentes licencias, recoñeceranse as parellas de feito.

Artigo 13º.-Maternidade e lactación.

No suposto de parto, a suspensión con reserva do posto de traballo terá unha duración de dezaseis semanas, que se distribuirán de forma ininterrompida, ampliables no suposto de parto múltiple en dúas semanas máis por cada fillo a partir do segundo. O período de suspensión distribuirase a opción da interesada sempre que seis semanas sexan inmediatamente posteriores ó parto e obrigatorias para a nai.

No suposto de adopción ou acollemento de fillos menores de ata seis anos, ou maiores discapacitados ou minusválidos, a suspensión terá idéntica duración.

Os traballadores terán dereito a un período de excedencia, non superior a tres anos para o coidado de cada fillo, tanto sexa este natural como adoptivo. Este período de excedencia empezará a contar desde a data de nacemento ou adopción. O nacemento de novos fillos dará lugar a un novo período de excedencia que, en todo caso, porá fin ó que se viñese desfrutando. Se o pai e a nai traballan, só un deles poderá exercer tal dereito.

A petición de excedencia, que deberá solicitarse sempre por escrito cunha antelación mínima de trinta días á da data do inicio, especificará a duración desta.

Artigo 14º.-Excedencias.

Todo o persoal terá dereito á situación de excedencia de acordo coas normas establecidas polo texto refundido do Estatuto dos traballadores.

Artigo 15º.-Prevención de riscos.

Para efectos de atende-la prevención de riscos laborais no ámbito deste convenio, e respectando as disposicións mínimas legais ó respecto, a empresa deberá poñer á disposición dos traballadores os medios formativos, técnicos e materiais necesarios para a correcta aplicación e cumprimento das medidas de seguridade e hixiene.

Pola súa banda, o traballador deberá cumpri-las disposicións que nesta materia dispoña a propia dirección. A falta de colaboración na observancia e cumprimento das medidas de seguridade e hixiene establecidas poderá ser sancionada como falta grave; a súa reiteración, como falta moi grave.

Artigo 16º.-Roupa de traballo.

A empresa facilitará, coa temporalidade e na contía que se determine cos representantes dos traballadores, os uniformes e complementos que sexan necesarios para cada posto de traballo.

Os traballadores teñen a obriga de coidar coa dilixencia debida os uniformes e complementos postos á súa disposición. Así mesmo, dentro do centro de traballo, estarán obrigados a vesti-lo uniforme completo; fóra del estará prohibido o seu uso.

Os uniformes que se poñan á disposición dos traballadores reporanse de acordo co desgaste ou deterioración que sufrisen e coa entrega do uniforme deteriorado ou desgastado. En caso de perda do uniforme por parte da persoa encargada da roupa e logo da presentación do comprobante correspondente, se o houber, por parte do traballador, a empresa restituirallo inmediatamente. No suposto que a perda sexa debida ó propio traballador, este deberalle restituí-lo seu prezo á empresa.

Artigo 17º.-Mobilidade funcional.

Sendo unha das bases do presente convenio a competitividade e a polivalencia de funcións, establé

cese que os traballadores rexidos por el poderán desempeña-las funcións correspondentes a calquera dos postos de traballo que se enmarcan dentro de su grupo profesional. Así mesmo, en caso de necesidade, poderáselles cambiar de sección e facer traballos similares e/ou diferentes. Os límites á mobilidade funcional estarán determinados polos requisitos de idoneidade e aptitude necesarios para o desempeño das tarefas que se encomenden e polo establecido no artigo 39 do texto refundido do Estatuto dos traballadores.

Sempre que un traballador desempeñe funcións superiores ó seu nivel recoñecido, poderá reclama-la diferencia salarial que houbese segundo convenio.

Capítulo III

Clasificación persoal

É vontade das partes asinantes deste convenio simplifica-la prodigalidade de categorías profesionais existentes na actualidade. Con tal fin, tanto a representación social como a empresarial, toman o acordo de reestructura-la actual clasificación do persoal, procedendo a reducir considerablemente o número e a definición das distintas categorías profesionais existentes na empresa, todo isto co espírito de facer máis acorde a estructura profesional e humana coa finalidade do presente convenio e coas necesidades funcionais da empresa.

Artigo 18º.-Clasificación profesional.

O persoal incluído neste convenio, en atención ás funcións que desevolva e de conformidade coas definicións que se especificarán nos artigos seguintes, será clasificado en niveis profesionais.

O novo modelo de clasificación ten por obxecto a consecución dunha máis razoable estructura profesional acorde ás necesidades da empresa e a unha maior adecuación do cadro de persoal, todo isto sen mingua da dignidade, oportunidade e xusta retribución que corresponda a cada traballador.

Artigo 19º.-Divisións funcionais ou orgánicas.

As diferentes definicións de niveis profesionais que agrupan as tarefas e funcións que se realizan en Hasenosa, sono con relación ás divisións funcionais ou orgánicas nas que esta se descompón.

Estas divisións funcionais ou orgánicas son as seguintes:

a) Administración.

b) Compras.

c) Comercial.

d) Comercio exterior.

e) Factoría.

f) Mantemento.

g) Laboratorio.

Artigo 20º.-Definicións.

Establécense catro niveis profesionais básicos, dentro dos cales, en virtude de varios baremos, tales

como o grao de coñecemento, formación e experiencia, iniciativa/autonomía, complexidade, responsabilidade e mando de cada traballador, se determinará a posición e encadre de cada un deles dentro do nivel profesional correspondente.

Neste artigo defínense e desenvólvense os niveis correspondentes a factoría e laboratorio.

A) Factoría e outros.

Nivel I.

Inclúense neste nivel aqueles postos que requiren un alto grao de autonomía, coñecementos profesionais, responsabilidades e mando que se exerce sobre un ou varios dos niveis profesionais da empresa, dependendo directamente da dirección da empresa. Neste nivel profesional encóntrase o xefe de área.

As súas funcións primordiais son todas aquelas que versan sobre a toma de decisións na planificación do grupo funcional ó que está adscrito, a autorización de compras, movementos, etc. Actualizando mensualmente o correspondente inventario. Trátase do traballador designado para face-lo seguimento e control dos diversos aspectos que establece a Lei de prevención de riscos laborais, e demais normas de aplicación, con relación á empresa. Así imesmo, é quen controla e propón as vacacións, excedencias e permisos dos traballadores sobre os que ten responsabilidade e mando. É responsable das subcontratas da empresa e dos servicios de limpeza, hixiene, etc.

Nivel II.

Traballadores cun amplo nivel de formación, responsabilidade, autonomía e mando que dependen directamente do xefe de área e da dirección da empresa. Neste nivel profesional distínguense dúas clasificacións distintas: xefe de sección e especialista de sección. A dependencia orgánica do segundo con relación ó primeiro determínase sobre a base dos criterios de coñecemento, formación e experiencia, iniciativa/autonomía, complexidade e responsabilidade sinaladas con anterioridade.

Na medida correspondente a cada unha das clasificacións, as actividades fundamentais que se van desenvolver son as de execución da planificación diaria; a responsabilidade de arrinque, control, limpeza e orde da sección que teña asignada. Encárgase de dar instruccións ó resto dos traballadores dos niveis inferiores así como ós responsables de mantemento con relación á súa propia sección. Son tamén responsables de velar polo cumprimento das normas básicas de prevención de riscos laborais. Así mesmo son, entre outras cousas, os encargados de designa-los responsables do movemento de mercadorías na súa sección, do aprovisionamento das distintas materias primas necesarias e a entrega de mostras no laboratorio.

Nivel III.

Compoñen este nivel aqueles traballadores coas funcións que consisten na execución de operacións que, aínda que se realicen baixo instruccións pre

cisas dos niveis anteriores, requiren adecuados coñecementos profesionais e aptitudes prácticas, e a execución autónoma dos cales esixe, habitualmente, iniciativa e razoamento por parte de quen os realiza, comportando a responsabilidade destas.

Este nivel inclúe todas aquelas actividades que realice o xefe de liña, o oficial de primeira e o oficial de segunda. O grao de responsabilidade, autonomía e independencia son os que determinan o encadramento dos traballadores nunha ou outra función.

As actividades primordiais do persoal englobado no presente nivel son quedar a cargo dun proceso de fabricación; que se fagan respecta-las medidas de seguridade e saúde; manter limpa e ordenada a zona que estea ó seu cargo; facer controis sobre o producto ó final do proceso; vixia-lo comportamento dos parámetros do proceso que estea baixo a súa supervisión; realizar tarefas complementarias ó traballo doutros traballadores da súa sección tales como enchido de sacos, mesturado de ingredientes, mover palets, etc., segundo proceda e se necesite en cada caso. Así mesmo, estarán responsabilizados de avisa-lo especialista de sección ou, se é o caso, ó xefe de sección correspondente en caso de avaría; indicarlles ós traballadores que estructuralmente estean baixo a súa responsabilidade das tarefas concretas que deben realizar. Todas estas funcións deberán realizalas e procesalas segundo as indicacións que reciban directamente dos traballadores encadrados nos niveis profesionais precedentes.

Nivel IV.

Encádranse neste nivel todos aqueles traballadores cunhas funcións que consisten en operacións realizadas seguindo un método de traballo preciso e concreto, cun alto grao de supervisión e dependencia, que normalmente esixen coñecementos profesionais de carácter elemental e requiren preferentemente esforzo físico ou atención.

Dentro deste nivel profesional atópase, en función do grao de dependencia, autonomía, coñecementos, formación e experiencia, o oficial de terceira, auxiliar de primeira, auxiliar de segunda, o operario/peón e, por último, o persoal en prácticas e o bolseiro. A dependencia de todos eles é directa con relación ó responsable de liña que teñan e, en ausencia deste, do xefe de sección correspondente.

As actividades fundamentais que debe realiza-lo continxente mencionado son as de pesar, mesturar, medir, anotar, etc., nos rexistros do proceso que teñan asignado. Sacar mostras do producto; etiquetar; manter limpo e ordenado o posto de traballo; cumpri-las disposicións e normas de seguridade e saúde; comprobar que a maquinaria do posto de traballo está en correcto estado e realiza-las operacións básicas de mantemento e limpeza diaria desta; envasar, paletizar, coloca-los sacos, etc., das materias primas e do producto final que corresponda ó seu posto de traballo. A utilización da carreta só poderá levarse a efecto cando exista indicación ou autorización expresa dun superior.

B) Departamento técnico.

Nivel I.

Depende directamente da dirección técnica da empresa, e dado o carácter altamente técnico do seu traballo, é requisito imprescindible ser licenciado superior. Ten como tarefas principais a de asistir ás reunións diarias do departamento técnico e, cando teña autorización para iso, a atención técnica de clientes. Dedicarase así mesmo á execución de xestión de calidade ou de I+D; asistencia técnica ó persoal ante problemas de proceso; homologar provedores e productos; arquivo dos rexistros do traballo e actualización da documentación técnica; facer cumpri-las disposicións de seguridade e saúde laboral. En canto á materia de calidade, só se ocupará do tratamento dos productos non conformes no seo da empresa.

Nivel II.

Con dependencia directa do nivel anterior, posuíndo autonomía e responsabilidade propia, engloba este nivel aqueles traballadores que estean encargados de pór en práctica as investigacións e os desenvolvementos obtidos no laboratorio ou en I+D. Así mesmo, posúen a capacidade de desenvolver novos productos tendo en conta para iso a nova lexislación en vigor. Realiza-la calibración dos equipos de traballo do laboratorio, así como o seu mantemento. Propor e investiga-la aplicación de novas tecnoloxías.

Nivel III.

Con dependencia da dirección técnica en canto a probas e desenvolvemento de productos, e no resto de materias dos niveis precedentes, engloba este nivel todos aqueles traballadores que, en consonancia coas responsabilidades que se estableceron anteriormente para o mesmo nivel III, realicen funcións tales como o desenvolvemento de productos segundo as indicacións que se lles marquen; axuda técnica ó persoal dos distintos grupos funcionais baixo supervisión dun superior; revisión das fichas técnicas dos productos e do estado dos productos envasados que se encontren no almacén. Teñen capacidade para reter productos que non cumpran os requisitos de calidade esixibles. Así mesmo, realizarán probas de fabricación de novos productos, utilizando para iso os equipos que se encontran no laboratorio. Tamén se lles poderá encomenda-la toma e realización de analíticas sobre as distintas mostras do producto. Terán en todo caso obriga de velar e cumprir coas disposicións e normas de seguridade e

saúde, así como manter limpos e coidados os equipos, instrumental e instalacións do laboratorio.

Nivel IV.

Con idénticas divisións que as existentes no nivel IV anteriormente descrito, e con dependencia directa dos responsables do laboratorio e I+D, os traballadores encadrados no presente nivel dedicaranse primordialmente a realiza-los controis de cali

dade das mostras que eles mesmos recollan en factoría; auxilia-los oficiais de laboratorio naquilo que precisen; homologar mostras conforme os procedementos e directrices aprobadas pola empresa; rexistro dos datos da analítica; manter actualizado o almacenamento de mostras de fabricación; revisa-lo estado dos palets e das materias primas almacenadas; desenvolver tratamento de productos segundo indicacións dos responsables do laboratorio e I+D; atende-la solicitude de probas.

Capítulo IV

Condicións salariais

Artigo 21º.-Estructura salarial.

As retribucións do persoal comprendido no presente convenio estarán constituídas polo salario convenio e os seus complementos.

Artigo 22º.-Salario convenio.

Cada un dos traballadores incluídos no ámbito do convenio percibirá o salario convenio que se determina no anexo II (táboa salarial), en función do nivel profesional e actividade que dentro del desenvolva. Este salario convenio, que se refire ó período dun ano e se distribuirá en dezaseis pagas, constitúe o salario mínimo garantido.

Artigo 23º.-Complementos ad personam.

Son aqueles complementos salariais que quedaron fixados no convenio coelctivo anterior e que se aboan unicamente ós traballadores que ingresaron na empresa antes do 1 de xaneiro de 2000. Distribuiranse en dezaseis pagas e en ningún caso operará a compensación ou absorción destes. Adquiren os mesmos dereitos que o soldo base da táboa salarial vixente.

Artigo 23º bis.-Mellora voluntaria.

Establécese un novo complemento salarial, que terá o carácter de incentivo discrecional e voluntario, por parte da empresa, e responderá ó nome de mellora voluntaria.

A mellora voluntaria distribuirase nas dezaseis pagas que existen actualmente na empresa. Será absorbible, non consolidable e compensable con calquera dos futuros incrementos que por outros conceptos poida percibi-lo traballador no futuro.

Artigo 24º.-Antigüidade.

O concepto de antigüidade establécese por quinquenios de contía de 39 A ó mes. Cada quinquenio farase efectivo a partir do primeiro de xaneiro do ano que se devengue.

Artigo 25º.-Percepcións extrasalariais.

Son cantidades que, malia seren percibidas polo traballador, non teñen o carácter de salario por expresa exclusión legal. Especialmente regulado queda o denominado complemento de transporte, que será percibido mensualmente por cada traballador na contía de 37 A. Este importe incrementarase en 58 A máis para aqueles traballadores que residan

a máis de 12 quilómetros de distancia do centro de traballo.

Para os efectos do establecido na última parte do parágrafo precedente, será obrigatoria a notificación á empresa do cambio de domicilio así como a debida presentación do certificado de empadroamento correspondente. O complemento de transporte incrementado en 60 A mensuais unicamente será efectivo a partir do mes seguinte ó que se comunicara na forma descrita o cambio de domicilio sinalado.

Artigo 26º.-Pagas extraordinarias.

Todo o persoal afectado polo presente convenio terá dereito a catro pagas extraordinarias, que se aboarán respectivamente os meses de marzo, xuño, setembro e decembro.

A paga extraordinaria abranguerá os seguintes conceptos salariais: o salario de convenio máis complementos ad personam, máis antigüidade.

A paga extra aboarase integramente, con independencia de que o traballador estivese en situación de incapacidade transitoria, calquera que fose a causa.

Recoñéceselle a todo traballador con contrato indefinido e unha antigüidade mínima na empresa de cinco anos, a partir da entrada en vigor deste convenio, o dereito a solicitar, con carácter excepcional e único (por unha soa vez), o anticipo das pagas extras correspondentes a tres anos, sempre que tal solicitude fose por algunha das seguintes causas: a) adquisición ou reforma de vivenda, b) compra de vehículo, c) enfermidade grave.

A empresa comprométese a atender estas solicitudes sempre que a súa situación financeira o permita e a débeda contraída polo traballador estea avalada por un compañeiro. Establécese un máximo de tres solicitudes anuais, que serán atendidas por rigorosa orde cronolóxica.

Artigo 27º.-Aumento salarial.

Con carácter retroactivo ó 1 de xaneiro de 2002, a táboa salarial vixente, anexo III, incrementarase nun 2,50% e en 15 A ó mes con carácter lineal. O incremento porcentual do 2,50% terá carácter provisional ata que se coñeza o IPC definitivo. Coñecido o IPC definitivo, aboarase con carácter retroactivo o diferencial positivo consumado, se o houber, de acordo coa seguinte fórmula: Diferencial positivo=IPC definitivo-2,50%+0,50%.

Para o ano 2003, páctase un incremento idéntico e aplicado co mesmo criterio.

Capítulo V

Beneficios sociais

Artigo 28º.-Bolsa de estudios.

A empresa subvencionará a tódolos traballadores con contrato fixo-indefinido ou eventual de máis dun ano, cunha cantidade fixa de 159,40 A anuais por cada fillo non emancipado economicamente, que acredite estar matriculado en calquera centro de

ensino, oficial ou privado debidamente recoñecido. Esta cantidade seralle aboada ó traballador o 31 de agosto de cada ano.

No caso de que ámbolos cónxuxes traballen en Hasenosa a bolsa de estudios aboarase exclusivamente na nómina dun deles, de común acordo entre empresa e matrimonio.

Artigo 29º.-Xubilación.

A xubilación é obrigatoria ós 65 anos de idade.

Artigo 30º.-Plan de pensións.

Seguindo o acordo alcanzado en anos anteriores, incrementados na debida forma, segundo o 3% que quedou establecido no seu momento, as contribucións seguirán realizándose na proporción do 60% pola empresa e 40% polo traballador.

Artigo 31º.-Complemento por accidentes de traballo.

A empresa, nos supostos de accidente de traballo, operación ou hospitalización completará ata o 100% do salario real do mes anterior, excluído as percepcións extrasalariais que se recollen neste convenio.

Nos supostos de enfermidade, incluirase así mesmo o 100% do salario do mes anterior, excluídas, igualmente, as percepcións extrasalariais.

Artigo 32º.-Seguro de accidentes con cobertura 24 horas día.

Con independencia das indemnizacións obrigatorias da Seguridade Social, mediante a concertación dunha póliza de cobertura cunha entidade aseguradora, a empresa garantiralles ós seus traballadores ou, se é o caso, ós seus herdeiros e nos supostos que se especifican, as seguintes indemnizacións:

a) Por morte do traballador: os herdeiros do traballador ou, no seu defecto, a persoa que este designase, percibirá a cantidade de 95.000 A.

b) Por incapacidade permanente total e incapacidade permanente absoluta: o traballador percibirá a cantidade de 95.000 A.

c) Por gran invalidez percibirá a cantidade de 95.000 A.

Entenderase por incapacidade permanente total a incapacidade que inhabilite o traballador de modo permanente para realizar tódalas tarefas fundamentais da profesión que exercía o interesado ou do grupo profesional en que aquela se encadraba.

Entenderase por incapacidade absoluta aquela que inhabilite o traballador para toda profesión ou oficio.

Entenderase por gran invalidez a situación do traballador inválido que precisa da asistencia de terceira persoa para realiza-los actos máis elementais da vida diaria como vestirse, desprazarse, comer, lavarse e análogos.

Este seguro cubrirá tanto os traballadores fixos como os eventuais, sempre que esta última modalidade contractual teña unha duración mínima dun ano. As condicións particulares quedan establecidas

na póliza de seguros da que unha copia oficial lles será entregada ós representantes dos traballadores.

Artigo 33º.-Carga e descarga.

A carga, descarga e estiba dos trigos, fariñas, sémolas e subproductos, sempre que os vultos superen os 50 kg netos de peso unitario será realizada por dous homes.

Na descarga de camións, cando a distancia entre estes e o almacén da panadería supere os 20 m, porase á disposición dos traballadores unha carreta ou vehículo similar para facilita-la dita operación.

Artigo 34º.-Axudas de custo.

Cando por necesidades da actividade da empresa se considere precisa a continuidade da xornada habitual de traballo por un tempo de tres ou máis horas ó día, a empresa facilitará unha axuda de custo de comida de 12,75 A por día e traballador.

Artigo 35º.-Postos especiais.

No caso de que non sexa posible recolocar en postos adecuados ó seu nivel profesional traballadores que estean en situación de incapacidade permanente total para a súa profesión habitual, a empresa comprométese a satisfacer mensualmente unha cantidade igual á que resulte de calcula-la diferencia entre a pensión que perciba pola dita incapacidade e o cento por cento de su base reguladora.

Esta percepción mensual, que terá unha duración máxima de cinco anos e non poderá exceder de 50.000 pesetas/mes, extinguirase no momento en que o traballador, declarado incapaz permanente total, encontre un novo traballo, tanto por conta propia como allea, ou sexa novamente declarado hábil para desenvolve-las funcións propias da súa profesión habitual.

En todo caso, será requisito imprescindible para poder cobra-la citada cantidade, que o traballador acredite unha antigüidade na empresa superior ós dez anos.

Capítulo VI

Contratación

Artigo 36º.-Contratación.

Serán admisibles tódalas formas de contratación previstas no Estatuto dos traballadores. A admisión do persoal efectuarase de conformidade coas disposicións vixentes e co cumprimento previo das normas obrigatorias.

Artigo 37º.-Contratos de obra ou servicio.

De conformidade co establecido no artigo 15.1º a) do texto refundido do Estatuto dos traballadores, acórdase crear un contrato de obra ou servicio determinado.

Estes contratos poderán cubrir todas aquelas funcións ou traballos suficientemente diferenciados polo volume adicional que representan que, limitados no tempo e cunha duración que poida preverse,

estean directa ou colateralmente relacionados coa actividade da empresa.

Artigo 38º.-Contrato eventual.

Aplicarase o establecido no artigo 15.1º b) do Estatuto dos traballadores. A duración máxima destes contratos será de doce meses e medio dentro dun período de dezaoito meses. No suposto que se concerte un prazo inferior, poderá prorrogarse ata o dito máximo convencional.

Capítulo VII

Dereitos sindicais

Artigo 39º.-Garantías dos representantes dos traballadores.

A empresa respectará as garantías dos representantes dos traballadores, de acordo, en todo momento, coas normas de aplicación contidas no texto refundido do Estatuto dos traballadores e demais normas de aplicación.

Nos casos de despedimento por causas tecnolóxicas, organizativas ou de producción, o representante sindical terá prioridade de permanencia na empresa sen afectalo ningunha destas causas. Esta garantía prolongarase durante os dous anos seguintes ó cesamento no cargo.

Capítulo VIII

Réxime disciplinario

Artigo 40º.-Faltas.

Considérase falta todo acto ou omisión do traballador que represente unha infracción ás obrigas, deberes e funcións que teñan encomendados. As faltas en función da súa importancia, trascendencia ou interese clasificaranse en leves, graves e moi graves.

Artigo 41º.-Faltas leves.

Consideraranse faltas leves:

a) Dunha a tres faltas inxustificadas de puntualidade na asistencia ó traballo, cometidas durante o período dun mes.

b) A desconsideración ou desatención cos compañeiros cos que o traballador se relacione durante o seu traballo.

c) Pequenas neglixencias no coidado do material.

d) Falta de aseo ou limpeza persoal.

e) Non notificar con carácter previo ou, se e o caso, dentro das vintecatro horas seguintes á falta, a razón da ausencia ó traballo, a non ser que se probe a imposibilidade de facelo.

f) Non lle comunicar á empresa os cambios de residencia ou domicilio dentro do prazo de cinco días.

g) Abandona-lo servicio sen permiso da empresa ou sen causa xustificada, mesmo cando sexa por breve tempo. Deberá acreditarse a necesidade da

ausencia no prazo máximo de 48 horas. No suposto de que a ausencia inxustificada lle provocase prexuízo dalgunha consideración á empresa ou fose causa de accidente laboral ou constituíse quebranto da disciplina, esta poderá considerarse grave ou moi grave.

h) Desobediencia ós superiores.

i) As discusións dentro das dependencias da empresa. Se estas producen escándalo, poderán ser consideradas faltas graves ou moi graves.

Artigo 42º.-Faltas graves.

Cualificaranse como faltas graves as seguintes:

a) A reiteración ou reincidencia na comisión de faltas leves.

b) Máis de tres faltas non xustificadas de puntualidade na asistencia ó traballo, cometidas no período de trinta días.

c) Faltar dun a tres días ó traballo sen causa que o xustifique.

d) A simulación de enfermidade ou accidente.

e) A embriaguez ou toxicomanía durante o traballo. No suposto que esta sexa habitual ou que ocasione perigo para as persoas ou instalacións, considerarase falta moi grave.

f) As faltas de discreción, neglixencia ou ética profesional, sempre que non leven consigo reclamación por parte dos terceiros afectados ou supoñan un prexuízo irreparable; nestes casos consideraranse como faltas moi graves.

g) Non comunicar coa debida prontitude os cambios experimentados na familia que poidan afectar á Seguridade Social ou ó IRPF. A ocultación maliciosa destes datos dará lugar a unha falta moi grave.

h) A inobservancia ou imprudencia no traballo con respecto á normativa de seguridade e saúde cando a esta non lle ocasione accidentes nin prexuízos ó traballador ou traballadores así como ó material de traballo. Considérase imprudencia o non uso das pezas de roupa e aparellos de seguridade de carácter obrigatorio.

i) Realizar, sen o oportuno permiso, traballos particulares durante a xornada, así como o emprego para usos propios de utensilios pertencentes á empresa.

j) A falta continuada e habitual no aseo persoal de forma que produza queixa xustificada dos seus compañeiros de traballo.

Artigo 43º.-Faltas moi graves.

Consideraranse faltas moi graves as que a seguir se relacionan:

a) Máis de dez faltas non xustificadas de puntualidade na asistencia ó traballo nun período de seis meses; vinte nun ano.

b) A fraude, a deslealdade ou o abuso de confianza nas xestións encomendadas e o furto ou roubo, tanto

ós seus compañeiros de traballo como á empresa ou calquera outra persoa.

c) Os delictos de roubo, estafa, furto ou malversación cometidos fóra da empresa ou calquera outra clase de delicto común que poida implicar para a entidade desconfianza cara ó seu autor.

d) Viola-lo segredo de correspondencia ou dos documentos reservados da empresa.

e) Causar accidentes graves por imprudencia ou neglixencia.

f) Abandona-lo traballo en postos de responsabilidade.

g) A diminución voluntaria e continuada do rendemento normal do traballo

h) A reincidencia na comisión de faltas graves, aínda que estas fosen de distinta natureza, se se cometesen dentro do prazo de seis meses.

i) O abuso de autoridade por parte dos superiores será considerado sempre falta moi grave. O que o sufra deberá poñelo en coñecemento da dirección inmediatamente.

j) O acoso sexual, entendéndose por tal calquera acción ou omisión por parte de calquera persoa que atente contra a dignidade doutro ou outros traballadores ou traballadoras en razón do seu sexo, englobando as ofensas verbais ou físicas de natureza sexual.

k) A inobservancia ou imprudencia no traballo con respecto á normativa de seguridade e saúde cando esta lle ocasione accidentes ou prexuízos ó traballador ou traballadores así como ó material de traballo.

Artigo 44º.-Réxime de sancións.

Correspóndelle á empresa a facultade de impor sancións de conformidade co establecido no presente convenio.

A sanción das faltas, sexa cal fose a súa intensidade, requirirá comunicación escrita e motivada ó traballador. Da imposición de cada sanción deberán ser informados os delegados do persoal, ós que se lles dará oportuno traslado do escrito de sanción.

No que respecta á imposición de sancións ós representantes dos traballadores, aplicarase o que dispón o Estatuto dos traballadores no seu artigo 68.

Artigo 45º.-Sancións máximas.

As sancións máximas que poderán imporse en cada caso, atendendo á gravidade da falta cometida, serán as seguintes:

a) Por faltas leves: amoestación verbal, amoestación por escrito, suspensión de emprego e soldo de ata dous días.

b) Por faltas graves: suspensión de emprego e soldo por tempo non superior a vinte días.

c) Por faltas moi graves: desde a suspensión de emprego e soldo de vinteún a sesenta días, ata a

rescisión do contrato de traballo nos supostos que a falta fose cualificada no seu grao máximo.

Artigo 46º.-Prescrición.

As faltas leves prescribirán ós dez días, as graves ós vinte días e as moi graves ós sesenta días, todas elas a partir da data en que a empresa tivo coñecemento da súa comisión. En todo caso, prescribirán ós seis de se cometeren.

Cláusulas adicionais

Primeira.-As partes asinantes deste convenio acordan constituí-la comisión paritaria, composta por dous membros en representación dos traballadores e outros dous membros en representación da empresa, co obxecto de perfecciona-lo sistema de clasificación do persoal e crear un sistema de promoción

profesional acorde coas esixencias actuais do cadro de persoal da empresa.

Esta comisión constituirase o 1 de xaneiro de 2003 e as súas conclusións serán incorporadas ó convenio, as cales deberán entrar en vigor antes de remata-lo ano 2003. Ámbalas partes poderán acudir á comisión co asesoramento que coiden oportuno.

Segunda.-Este convenio está subscrito pola comisión negociadora, formada:

a) Por parte da empresa: Roberto Pérez Suárez, presidente do Consello de Administración e Antonio Valcarce Ávila, director xerente.

b) Pola representación social: Jesús Matilde Valladares, Manuel Valladares Rodríguez e Francisco Estévez Rodríguez.

Pola parte socialPola empresa

ANEXO

Táboa salarial convenio ano 2002

CategoríasTotal anoSoldoCompl. trans. mesTotal

2002baseDist.Dist.mes
mes 2002)12 km

153758

Nivel I2,50%

Xefe de área24.041,031.431,3137581.526,31

Nivel II

Xefe de sección21.084,111.246,5137581.341,51
Especialista de sección20.098,301.184,8937581.279,89

Nivel III

Xefe de línea/xefe procesos18.619,881.092,4937581.187,49
Oficial de primeira17.634,221.030,8937581.125,89
Oficial de segunda17.141,381.000,0937581.095,09

Nivel IV

Oficial de terceira16.155,73938,4837581.033,48
Auxiliar/axudante

de primeira

13.691,58784,473758879,47
Auxiliar/axudante

de segunda

12.705,92722,873758817,87
Operario13.691,58784,473758879,47
Peón12.705,92722,873758817,87
Prácticas/bolseiro11.227,43630,463758725,46