Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Mércores, 06 de novembro de 2002 Páx. 15.611

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ARTEIXO

ANUNCIO (67/2002.DEL).

A Comisión de Goberno, en sesión ordinaria que tivo lugar o día 8-10-2002, acordou aprobar inicialmente o expediente de fixación de sistema de actuación (cooperación) e delimitación do ámbito da UA 51 das NNSS, sita en Meicende, o cal queda sometido a información pública polo prazo de vinte días, contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio.

Durante o devandito prazo as persoas interesadas poderán examina-lo seu contido, comparecendo nas dependencias do Servicio Municipal de Urbanismo, e presenta-las alegacións que consideren convenientes.

Ó mesmo tempo, e ante a eventualidade de que poidan existir interesados descoñecidos neste procedemento, se ignore o lugar de notificación dalgún ou intentada esta non se puidese practicar, sirva este anuncio de notificación, coa finalidade e alcance que se recollen no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Arteixo, 16 de outubro de 2002.

P.D. (Decreto 587/1999)

María Isabel Vila Vilas

Primeira tenente de alcalde