Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Mércores, 06 de novembro de 2002 Páx. 15.610

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 3 de outubro de 2002, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Universitario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, pola que se fai pública a adxudicación definitiva do procedemento negociado 192/2002.

En cumprimento do disposto no artigo 93.2º do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, de contratos das administracións públicas, no artigo 77 do Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, e en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 6 da Orde do 14 de marzo de 2002, sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servicio Galego de Saúde (DOG nº 66, do 5 de abril) e coa autorización expresa prevista nesa mesma norma, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, a Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Universitario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña acorda darlle publicidade á adxudicación do seguinte contrato:

1. Entidade adxudicadora.

-Organismo: Servicio Galego de Saúde, Complexo Hospitalario Universitario Juan Canalejo-Marítimo Oza, As Xubias de Arriba, 84; 15006 A Coruña.

-Número de expediente: 192/2002.

2. Obxecto do contrato.

-Tipo de contrato: contrato de consultoría e asistencias e de servicios.

-Descrición do obxecto: mantemento aparellos elevadores do Hospital Abente e Lago.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

-Tramitación: ordinaria.

-Procedemento: restrinxido.

-Forma: procedemento negociado.

4. Orzamento base de licitación.

Orzamento total: 88.809,60 euros.

5. Adxudicación.

-Data: 27 de agosto de 2002.

Zardoya Otis, S.A.: 88.809,60 euros.

Orzamento total: 88.809,60 euros.

En cumprimento do previsto no artigo 58 da vixente Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992, notifícase, advertíndose que esta resolución pon fin á vía administrativa, e é susceptible de recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución, de conformidade co artigo 58 da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

A Coruña, 3 de outubro de 2002.

Jesús Caramés Bouzán

Director xerente do Complexo Hospitalario

Universitario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña