Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Mércores, 06 de novembro de 2002 Páx. 15.611

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ARTEIXO

ANUNCIO (66/2002.DEL).

A Comisión de Goberno, en sesión ordinaria celebrada o día 8-10-2002. acordou aprobar inicialmente o expediente de fixación de sistema de actuación (cooperación) e delimitación do ámbito da UA 5 das NN.SS., sita no núcleo urbano de Arteixo, o cal queda sometido a información pública polo prazo de vinte días, contados a partir do día seguinte ó da publicación do presente anuncio.

Durante o devandito prazo as persoas interesadas poderán examina-lo seu contido comparecendo nas dependencias do Servicio Municipal de Urbanismo e presenta-las alegacións que estimen convenientes.

Ó mesmo tempo e ante a eventualidade de que poidan existir interesados descoñecidos neste procedemento, se ignore o lugar de notificación dalgún ou intentada esta non se puidese practicar, sirva o presente de notificación, coa finalidade e alcance que se prevén no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo

común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Arteixo, 16 de outubro de 2002.

P.D. (Decreto 587/1999)

María Isabel Vila Vilas

Primeira tenente de alcalde