Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Mércores, 06 de novembro de 2002 Páx. 15.608

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 24 de outubro de 2002 pola que se anuncia concurso público aberto para a contratación do servicio de atención telefónica especializada do Instituto Galego de Promoción Económica.

En cumprimento da legalidade vixente, anúnciase concurso público para a contratación do servicio de

atención telefónica especializada do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), barrio de San Lázaro s/n, 15703 Santiago de Compostela.

b) Dependencia que tramita o expediente: Subdirección de Servicios Xurídicos.

c) Número de expediente: 14/2002.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: servicio continuado de atención telefónica para a información sobre as liñas de axuda do Igape e información xeral (CNPA 74.83.11 servicios de contestación de chamadas telefónicas, 74.83.11.00 servicios de contestación de chamadas telefónicas; 74.13 servicios de estudios de mercado e de realización de enquisas de opinión pública; 74.13.1 servicios de estudios de mercado e de realización de enquisas de opinión pública).

b) Lugar de execución: instalacións do provedor.

c) Prazo de execución ou data límite de entregas: un ano prorrogable por outro máis.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación. Importe total 72.122 euros.

5. Garantía provisional: 1.442,44 A.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Instituto Galego de Promoción Económica (Igape).

b) Domicilio: complexo administrativo San Lázaro.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15703.

d) Teléfono: 981 54 16 93.

e) Telefax: 981 54 10 92.

f) Data límite de obtención de documentos e información: 8 días naturais desde a publicación no DOG.

7. Requisitos específicos do contratista.

Os esixidos nos pregos de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: o prazo de admisión finalizará ás catorce horas do oitavo día natural seguinte á publicación do anuncio de concurso no Diario Oficial de Galicia. De coincidir en sábado ou domingo o prazo entenderase prorrogado ata as catorce horas do seguinte día hábil.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

b) Lugar de presentación:

En sobre pechado e selado e dentro do prazo sinalado , presentaranse en:

1º. Entidade: rexistro xeral do Instituto Galego de Promoción Económica.

2º. Domicilio: complexo administrativo San Lázaro s/n.

3º. Localidade e código postal: Santiago 15703.

Ou por correo, anunciando ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante fax, télex ou telegrama, que debe ter entrada no Igape antes do termo do prazo de presentación de ofertas, e xustificando a data da imposición do envío na oficina de correos ou e-mail conforme o previsto no prego de cláusulas administrativas particulares, que deberá ter entrada no Igape antes da terminación do prazo de presentación de ofertas.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 45 días desde a apertura das ofertas.

e) Admisión de variantes: non procede.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Instituto Galego de Promoción Económica.

b) Domicilio: complexo administrativo San Lázaro s/n.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: en acto público o décimo día hábil seguinte ó remate do prazo de presentación de ofertas procederase á apertura das ofertas técnica e económica.

e) Hora: 12.

10. Outras informacións.

11. Gastos de anuncios: 1.350 A máximo. Serán por conta do adxudicatario.

12.Páxina web onde figuran as informacións relativas á convocatoria e onde poden obterse os pregos: www.xunta.es/contratacion.

Santiago de Comostela, 24 de outubro de 2002.

Margarita Rodríguez Rama

Directora xeral do Instituto Galego

de Promoción Económica