Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Mércores, 06 de novembro de 2002 Páx. 15.607

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 24 de outubro de 2002 pola que se anuncia concurso público aberto e tramitación urxente para a contratación de servicios de mensaxería do Instituto Galego de Promoción Económica.

En cumprimento da legalidade vixente, anúnciase concurso público para a contratación de servicios de mensaxería do Igape.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), barrio de San Lázaro s/n, 15703 Santiago de Compostela.

b) Dependencia que tramita o expediente: Subdirección de Servicios Xurídicos.

c) Número de expediente: C.P. 15/2002.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: servicios de mensaxería do Igape (nomenclatura CNPA: 74.84.16.00).

b) División por lotes e número: 3 lotes:

Lote 1: mensaxería local e rexional. Lote 2: mensaxería nacional. Lote 3: mensaxería internacional.

c) Prazo de vixencia: dous anos desde o asinamento do contrato, prorrogable por dous anos máis, por acordo expreso das partes.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base da licitación. Importe máximo total 69.590 euros, IVE incluído, para dúas anualidades (34.795 A por anualidade), desagregado como segue por lote e anualidade:

Lote 1: importe máximo: 16.617 A. Lote 2: 1.815 A. Lote 3: 16.363 A e segundo a desagregación por prezos unitarios da cláusula 6 do prego de prescricións técnicas.

5. Garantía provisional: 2% do lote ou lotes ós que se concorra.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Instituto Galego de Promoción Económica (Igape).

b) Domicilio: complexo administrativo San Lázaro.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15703.

d) Teléfono: 981 54 16 93.

e) Telefax: 981 54 10 92.

f) Data límite de obtención de documentos e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista: solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: contar con suficientes medios materiais e persoais e para a execución do contrato e ter realizados como mínimo tres traballos similares ó obxecto do contrato acreditado segundo os medios establecidos nos pregos de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: o prazo de admisión finalizará ás 14 horas do décimo quinto día natural

seguinte ó da publicación do anuncio de concurso no Diario Oficial de Galicia. De coincidir este en sábado ou domingo, o prazo entenderase prorrogado ata as 14 horas do seguinte día hábil.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

En sobre pechado e selado e dentro do prazo sinalado, presentaranse en:

1º. Entidade: rexistro xeral do Instituto Galego de Promoción Económica.

2º. Domicilio: complexo administrativo San Lázaro, s/n.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15703.

Ou por correo, anunciándolle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante fax, télex, telegrama ou e-mail conforme o previsto no prego de cláusulas administrativas particulares, que deberá ter entrada no Igape antes do remate do prazo de presentación de ofertas, e xustificando a data de imposición do envío na oficina de correos.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 45 días desde a apertura das ofertas.

e) Admisión de variantes: non se admiten

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Instituto Galego de Promoción Económica en Santiago de Compostela.

b) Domicilio: complexo administrativo San Lázaro, s/n.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: ás 14 horas do décimo día hábil seguinte ó da publicación do anuncio de concurso no Diario Oficial de Galicia.

e) Hora: 12 horas.

10. Gastos de anuncios: 1.500 A máximo. Serán por conta do adxudicatario.

11. Páxina web onde figuran as informacións relativas á convocatoria ou onde se poden obte-los pregos: www.xunta.es/contratacion.

Santiago de Compostela, 24 de outubro de 2002.

Margarita Rodríguez Rama

Directora xeral do Instituto Galego de Promoción

Económica