Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Mércores, 06 de novembro de 2002 Páx. 15.597

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS

RESOLUCIÓN do 23 de agosto de 2002 pola que se lle outorga a Mariscos Punta Sinás, S.L., permiso de actividade e concesión para a posta en funcionamento dun establecemento auxiliar de cultivos mariños no lugar de Rons, concello do Grove, provincia de Pontevedra.

Examinado o expediente instruído para efectos de outorgamento do permiso de actividade e concesión para a explotación dunha estación depuradora/centro de expedición e cetaria, apreciáronse os seguintes:

A) Feitos.

Primeiro.-Mediante escrito do 21 de setembro de 2000, José Sanmartín Galiano, (DNI 35213785-A), en representación de Mariscos Punta Sinás, S.L. (CIF B-36219012), solicitou permiso de actividade e concesión para a explotación dunha estación depuradora/centro de expedición e cetaria, no lugar de Rons, concello do Grove (Pontevedra).

Segundo.-O interesado achegou a documentación requirida para a tramitación deste tipo de establecementos.

Terceiro.-No expediente consta a seguinte documentación, referida ó resultado da información pública e oficial:

-Anuncio de información pública, inserido no DOG.

-Informe técnico biolóxico.

-Informe urbanístico do Concello do Grove.

-Informe da Dirección Xeral de Turismo.

-Informe da Capitanía Marítima do Grove.

-Informe da Delegación de Defensa de Pontevedra.

-Informe sobre a ocupación do dominio público marítimo-terrestre, da Dirección Xeral de Costas (Ministerio de Medio Ambiente).

-Informe sobre cualificación ambiental da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental (Consellería de Medio Ambiente).

-Informe do Servicio Técnico Xurídico desta consellería.

B) Fundamentos de dereito.

Este órgano é competente para resolve-lo expediente de conformidade coa Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia (DOG nº 101), co Decreto

193/1997, do 5 de xuño, polo que se determinan as condicións para o outorgamento do permiso de actividade para os establecementos de cultivos mariños e auxiliares situados na zona terrestre (DOG nº 142) e coa Orde do 27 de marzo de 2000, pola que se regula o procedemento para o outorgamento do permiso de actividade para establecementos de cultivos mariños e auxiliares na zona terrestre (DOG nº 67).

Examinadas as disposicións citadas, a proposta de resolución da Dirección Xeral de Recursos Mariños, o artigo 89 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e demais normas de xeral e pertinente aplicación, esta consellería

RESOLVE:

Outorgar a Mariscos Punta Sinás, S.L. (CIF B36219012), permiso de actividade para a posta en funcionamento e explotación, e concesión para a ocupación de 393 m de superficie de dominio público marítimo-terrestre, do establecemento de cultivos mariños que se indica a continuación.

-Tipo: estación depuradora/centro de expedición.

-Actividade: eliminación de xermes patóxenos/envasado de moluscos.

-Especies: moluscos.

-Tipo: cetaria.

-Actividade: mantemento de crustáceos.

-Especies: crustáceos.

-Nome: Mariscos Punta Sinás, S.L.

-Localización: Lugar: Rons. Concello: O Grove. Provincia: Pontevedra.

-Superficies:

Dominio privado: 1.922,96 m.

Dominio público: 393 m.

-Características das instalacións:

Naves: nº: 1.

Planta baixa, superficie: 1.085,02 m.

Entreplanta, superficie: 246,23 m.

Piscinas nº:

-Depuradora: 7 de:

79,89 m.

78,42 m.

79,89 m.

64,46 m.

65,26 m.

42,55 m.

40,80 m.

-Cetaria: 6.

4 de 3,37 m.

1 de 3,42 m.

1 de 3,27 m.

Baixo as seguintes condicións:

Primeira.-Vixencia.

O permiso de actividade e a concesión outórganse por un prazo de dez (10) anos, que se contarán a partir do día seguinte ó da publicación da resolución no DOG.

Poderán prorrogarse por períodos máximos doutros dez, ata un máximo total de 30 anos, logo de petición do interesado presentada dentro dos 60 días anteriores ó vencemento da súa vixencia.

Segunda.-Obras e instalacións.

As obras e instalacións, que poderán dar comezo no momento no que o titular dispoña dos informes e das autorizacións preceptivas dos distintos organismos competentes na materia, levaranse a cabo de acordo co proxecto para a legalización dunhas instalacións existentes destinadas a uso de depuradora de moluscos e cetaria, subscrito en abril de 2000, polo enxeñeiro técnico industrial José Luis González Lima, visado polo colexio profesional correspondente ó día 25-5-2000, e proxecto para a reforma de toma e evacuación de auga do mar por enterramento das tubaxes actuais, subscrito en xullo de 2000, polo mesmo enxeñeiro e visado polo mesmo colexio profesional o 21-7-2000, e deberán quedar totalmente rematadas no prazo de seis meses, contado desde o día seguinte ó da publicación da presente resolución.

A execución das obras e instalacións e o inicio da actividade realizaranse de acordo co disposto nos artigos 5 e 6 da Orde do 27 de marzo de 2000 citada.

Terceira.-Ocupación do dominio público marítimo-terrestre.

Á concesión de ocupación do dominio público marítimo terrestre sonlle de aplicación na súa integridade as condiciones e prescricións sinaladas no informe do 20 de marzo de 2002, da Dirección General de Costas (Ministerio de Medio Ambiente), aceptadas pola empresa.

Cuarta.-Modificacións.

O establecemento, nin o dominio público ocupado, nin as obras nel executadas poderán destinarse a usos distintos dos autorizados. Baixo ningún concepto se poderán modifica-las instalacións sen permiso expreso desta consellería.

Quinta.-Extinción.

O permiso de actividade e a concesión ós que se refire esta resolución, extinguiranse polo incumprimento dalgunha das condicións dela, polos casos previstos no artigo 72 da Lei 6/1993, de pesca de

Galicia e no Decreto 193/1997, do 5 de xuño, así como polo incumprimento da calquera das prescricións sinaladas no informe do 20-3-2002 da Dirección Xeral de Costas (Ministerio de Medio Ambiente) sobre a ocupación do dominio público.

Sexta.-Licencias doutros organismos competentes na materia.

O outorgamento deste permiso de actividade e concesión non exime o seu titular da obtención das licencias, permisos e autorizacións legalmente procedentes.

Sétima.-Impostos.

O titular xustificará o pagamento á Facenda Pública do imposto que grava as concesións e autorizacións (transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados) ou acreditará a declaración de non estar suxeito ó acto do dito imposto, feita pola Delegación de Facenda ou oficina liquidadora correspondente.

Contra esta resolución que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso postestativo de reposición, no prazo dun mes, ante o conselleiro de Pesca e Asuntos Marítimos, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdicción contenciosa-administrativa, que se interporá no prazo de dous meses, contados en ámbolos dous casos desde o día seguinte ó da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada por Lei 4/1999, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e o artigo 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 23 de agosto de 2002.

Enrique César López Veiga

Conselleiro de Pesca e Asuntos Marítimos