Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Mércores, 06 de novembro de 2002 Páx. 15.599

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS

RESOLUCIÓN do 31 de outubro de 2002 pola que se anuncia a licitación de contratación de xestión de servicios públicos.

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos.

Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

2. Obxecto do contrato.

Descrición do obxecto: xestión do servicio público de salvamento e loita contra a contaminación no mar na Comunidade Autónoma de Galicia, servido por un remolcador de altura.

Lugar de execución: Comunidade Autónoma de Galicia.

Prazo de execución: 1 de xaneiro de 2003 ata o 31 de decembro de 2004.

Na execución do contrato non se recolle a execución de obras.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: un millón oitocentos dezanove mil catrocentos vinteún euros (1.819.421 euros).

5. Garantía provisional: 2% (36.388 euros) do orzamento base de licitación. Artigo 35 do TRLCAP.

6. Obtención de documentación e información.

Entidade: Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos. Secretaría Xeral.

Domicilio: edificio administrativo San Caetano, 5-2º.

Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

Teléfono: 981 95 70 46.

Telefax: 981 54 40 31.

Data límite de obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista: solvencia económica e financeira e solvencia técnica profesional: cláusula 7.3 10), 11), 12) e 13) do prego de cláusulas administrativas particulares e de explotación.

8. Presentación das ofertas.

Data límite de presentación: 25 de novembro de 2002.

Documentación que integrará as ofertas: a que se indica na cláusula 7 do prego de cláusulas administrativas particulares e de explotación.

Lugar de presentación: no rexistro xeral da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos (edificio administrativo San Caetano, 5-2º, 15781 Santiago de Compostela), ou por correo e nas formas previstas no artigo 80 do RXLCAP.

9. Apertura de ofertas.

Entidade: Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos.

Domicilio: edificio administrativo de San Caetano, 5-2º

Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

Data: 3 de decembro de 2002.

Hora: 10.30 horas.

10. Outras informacións: na sede da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos sinalada no punto anterior.

11. Gastos do anuncio: correrán por conta do adxudicatario.

12. Portal informático ou páxina web onde poden obterse os pregos: http://www.xunta.es/contratación.

Santiago de Compostela, 31 de outubro de 2002.

Enrique César López Veiga

Conselleiro de Pesca e Asuntos Marítimos