Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Mércores, 06 de novembro de 2002 Páx. 15.588

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 29 de outubro de 2002 pola que se anulan os números 2, 3 e 4 do epígrafe a) da do 16 de outubro de 2002 pola que se anuncia a licitación do concurso, polo procedemento aberto e trámite de urxencia, das asistencias técnicas de clave OU/02/083.01 e catro máis.

Advertidos erros nos seguintes expedientes:

Clave: LU/02/002.01.1, da asistencia técnica para a redacción do proxecto de trazado e construcción

da obra: mellora de trazado e capacidade da C-640 Viveiro-Cabreiros. Treito: A Reoda-Os Calviños, clave: LU/02/002.01.2, da asistencia técnica para redacción do proxecto de trazado e construcción da obra: mellora de trazado e capacidade da C-640 Viveiro-Cabreiros. Treito: Os Calviños-A Gañidoira, clave: LU/02/002.01.3, da asistencia técnica para a redacción do proxecto de trazado e construcción da obra: mellora de trazado e capacidade da C-640 Viveiro-Cabreiros. Treito: A Gañidoira-Cabreiros; convocados por Resolución do 16 de outubro de 2002 pola que se anuncia a licitación do concurso polo procedemento aberto e trámite de urxencia das asistencias técnicas de clave OU/02/083.01 e catro máis,

RESOLVO:

Anula-los números 2, 3 e 4 do epígrafe a) da Resolución do 16 de outubro de 2002 pola que se anuncia a licitación do concurso, polo procedemento aberto e trámite de urxencia, das asistencias técnicas de clave OU/02/083.01 e catro máis, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 205, do 23 de outubro de 2002.

Santiago de Compostela, 29 de outubro de 2002.

P.D. (Orde 13-12-1993)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política Territorial,

Obras Públicas e Vivenda