Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Mércores, 06 de novembro de 2002 Páx. 15.588

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (665/2001).

Camilo José García Puertas Magariños, secretario do Xulgado do Social número dous de Santiago de Compostela, fai saber que neste xulgado do social se segue procedemento nº 665/2001 a instancias de Ana María Senra Blanco, contra Campos e del Moral, S.L., sobre cantidade, estando o acto de conciliación e xuízo para o vindeiro día 6 de novembro de 2002 ás 9.45 horas, cítase en única convocatoria a empresa Campos e del Moral, S.L. e o seu representante legal, que tivo o seu enderezo en Xeneral Pardiñas nº 5-1º C de Santiago de Compostela, e hoxe en paradoiro ignorado para que acompañado de tódolos medios de proba de que intente valerse, compareza neste xulgado, sito en r/ Viena, Polígono das Fontiñas, co fin de asistir á celebración do acto de conciliación e xuízo correspondente. Advertíndolle que as sucesivas dilixencias notificaránselle nos estrados deste xulgado, salvo aquelas que expresamente exceptúa a Lei de procedemento laboral e fáiselle saber que a copia da demanda está á súa

disposición na secretaría deste xulgado. Requírese a demandada para que achegue: contratos de traballo e prórrogas se as houbese, documentos de alta e baixa na Seguridade Social así como recibos de salarios correspondentes á demandante, e, igualmente os boletíns de cotización á Seguridade Social e o libro de matrícula da empresa. Cítase, así mesmo, o representante legal da referida empresa cos apercibimentos do artigo 91.3º da Lei de procedemento laboral, en relación co artigo 304 da L.A.C. en relación co artigo 292 da citada lei.

E para que conste e sirva de notificación, citación e requirimento a Campos e del Moral, S.L. e o representante legal da mesma, expídese este edicto en Santiago de Compostela, 30 de outubro de 2002.

O secretario xudicial

Rubricado

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS

E VIVENDA