Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Mércores, 06 de novembro de 2002 Páx. 15.587

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE PADRÓN

CÉDULA de citación (466/2001).

O secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un Padrón acordou citar a Antonio Amado Botana para que o próximo día 30 de outubro de 2002 ás 11.15 horas asista na sala de vistas deste xulgado á celebración do xuízo de faltas 466/2001, seguido por falta de estafa (623), en calidade de denunciado.

Fáiselle saber que deberá comparecer no acto do xuízo con tódolos medios de proba de que se tente valer (testemuñas, documentos, peritos...) e que poderá acudir asistido de letrado, ben que este non é preceptivo.

Apercíbese de que, se reside neste termo municipal e non comparece nin alega xusta causa que llo impida, poderáselle impor unha multa e recaerá sobre el o prexuízo a que houber lugar en dereito e que, caso de residir fóra deste termo, poderá dirixir escrito a este xulgado na súa defensa e apoderar outra persoa para que presente no dito acto as probas de descargo que tiver, conforme o disposto no artigo 970 da Lei de axuizamento criminal.

En Padrón o tres de outubro de dous mil dous.

O secretario

Rubricado