Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Mércores, 06 de novembro de 2002 Páx. 15.587

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE CORCUBIÓN

EDICTO (6/2002-E).

O secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Corcubión fai saber que nos autos que se tramitan neste xulgado de procedemento ordinario nº 6/2002, seguidos por instancia de José Espasandín Santos e Carmen Elvira Videla Vidal, contra Gumersindo Vidal Rieiro consta dictada a sentencia co encabezamento e decisión xudicial que son do teor literal seguinte:

«En Corcubión o nove de setembro de dous mil dous.

Francisco Javier Collazo Lugo, xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un dos desta localidade, dictou sentencia no xuízo ordinario nº 6/2002, sobre declaración de validez de contrato de compravenda e elevación del a escritura pública, seguidos por instancia de José Espasandín Santos e de Carmen Elvira Videla Vidal, representados polo procurador Ángel García Lijó e asistidos polo letrado Óscar Rodríguez Insua contra Gumersindo Vidal Rieiro, quen permaneceu en situación procesual de rebeldía.

Decisión xudicial.

Estimando integramente a demanda interposta polo procurador Ángel García Lijó, en representación de José Espasandín e Carmen Elvira Videla Vidal,

1º Declaro a validez e eficacia do contrato privado de compravenda do 21-6-1967, subscrito en papel timbrado de clase 19ª entre Gumersindo Vidal Rieiro, como vendedor, e Jesé Espasandín Santos e Carmen Elvira Videla Vidal, relativo ós predios rústicos Chouza da Gándara, Milleira das Raposeiras, Balsiño e Monte Torán e que Gumersindo Vidal Rieiro debe efectuar cantos actos e outorgamentos sexan

precisos para a plena efectividade e constancia en escritura pública da transmisión a favor dos actores, tendo por tanto a obriga de formalizar en escritura pública o contrato privado de compravenda subscrito polo actores e o demandado en data 21-6-1967.

2º Condeno a Gumersindo Vidal Rieiro a estar e pasar polas anteriores declaracións e a outorga-los actos que sexan necesarios para elevar a escritura pública o contrato privado de compravenda obxecto de litixio, subscrito o 21-6-1997 entre as partes, substituíndose xudicialmente a súa vontade e outorgándoa no seu nome, en período de execución de sentencia, en caso de que non compareza a efectualo.

Todo iso sen facer expresa condena en custas.

Notifíqueselle esta sentencia ás partes coa mención expresa de que é susceptible de recurso de apelación perante a Audiencia Provincial da Coruña, a preparar por escrito, perante este xulgado, no prazo de cinco días desde a súa notificación.

Así por esta miña sentencia o pronuncio, mando e asino».

Asinado.

E para que sirva esta cédula de notificación en legal forma a Gumersindo Vidal Rieiro, en situación de rebeldía procesual, expido e asino este edicto en Corcubión o dezanove de setembro de dous mil dous.

O secretario

Rubricado

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN

DE PADRÓN