Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Mércores, 06 de novembro de 2002 Páx. 15.588

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 30 de outubro de 2002, da Secretaría Xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, pola que se emprazan os interesados nos recursos contencioso-administrativos números 02/5083/2002 e 02/5202/2002, contra o Decreto 207/2002, do 20 de xuño, de suspensión das normas subsidiarias de planeamento municipal do Concello de Ponteareas.

Para os efectos de dar cumprimento ó solicita-

do polo presidente da sección segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior

de Xustiza de Galicia, en relación cos recursos contencioso-administrativos números 02/5083/2002, inter-

posto polo Concello de Ponteareas e, 02/5202/2002, interposto por Provical Promotora y Gestora, S.L.; Construcciones Bouzó, S.L.; Urbanización Lamazares, S.A.; Regino Giráldez Boo e Mª del Carmen Groba Varela; Promociones y Construcciones Boo Varela, Araújo Rial Construcciones, S.L.; Zoom Building, S.L.; Dove Galicia, S.L.; Martina Ferradas Martínez; Construcciones Cachada, S.L.; Promociones Pedra Piñeira-Aislagran, S.L.; Inversiones Inmobiliarias y Explotaciones Turísticas de Galicia y Norte de Portugal, S.L.; Promociones Rabuñade, S.L.; Tuyvi, S.L.; J.F.E. Guillarey Construccio-

nes y Promociones, S.L.; Clinker Salceda, S.L.;

Divina Fernández Gil; Pronorgasa y Judaqui-Pedra Piñeira, S.L.; contra o Decreto 207/2002, do 20 de xuño, de suspensión das normas subsidiarias de planeamento municipal de Ponteareas, esta secretaría resolveu ordena-la remisión do correspondente expediente ó Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

O que se notifica para xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procedemento, emprazándoas para que podan comparecer como demandados nos autos no prazo de nove días, de acordo co disposto no artigo 49.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 30 de outubro de 2002.

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivienda