Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Martes, 05 de novembro de 2002 Páx. 15.558

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CERVO

ANUNCIO de aprobación definitiva do modificado segundo do Plan parcial do parque empresarial de Cuíña, no concello de Cervo.

O Concello Pleno, na sesión ordinaria do sete de setembro de dous mil dous, acordou aprobar definitivamente, por maioría absoluta do número legal de membros da Corporación, o modificado segundo do Plan parcial do parque empresarial de Cuíña, no concello de Cervo.

O que fago público para a súa executividade, cumprindo así co disposto no artigo 48.2º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, sinalando que contra o presente acordo, que é definitivo en vía administrativa, de conformidade co disposto no artigo 6 da Lei 7/1995, do 29 de xuño, de delegación e distribución de competencias en materia de urbanismo, se poderá interpor potestativamente recurso de reposición perante o mesmo órgano que o dictou, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da publicación do presente acordo, de conformidade co disposto no artigo 116.1º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben impugnalo directamente ante a orde xurisdiccional contencioso-administrativa.

Se se opta pola interposición do recurso potestativo de reposición, deberá resolvelo e notificalo ó concello no prazo dun mes, segundo establece o artigo 117.2º da Lei 30/1992, do 26 de novembro. Transcorrido un mes desde a interposición do recurso de reposición sen que teña recaído resolución en prazo, entenderase desestimado e poderase interpor recurso contencioso-administrativo.

Contra a resolución expresa do recurso de reposición ou ben directamente contra o presente acordo, poderase interpor recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co disposto nos artigos 10.1º a) e 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da notificación da resolución ou da publicación do presente acordo. Se a resolución non fose expresa, o prazo de interposición do recurso contencioso-administrativo será de seis meses e contarase a partir do día seguinte a aquel en que deba entenderse presuntamente desestimado o recurso potestativo de reposición interposto, segundo establecen os artigos 46.1º e 4º da Lei 29/1998, do 13 de xullo.

Advirto que tamén se poderá interpor calquera outro recurso que os interesados consideren pertinente na defensa dos seus intereses.

Cervo, 1 de outubro de 2002.

José Insua Pernas

Alcalde