Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Martes, 05 de novembro de 2002 Páx. 15.558

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CERVO

ANUNCIO.

O Pleno do concello, en sesión celebrada o 7 de setembro de 2002, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Primeiro.-Aprobar definitivamente o estudio de detalle para o desenvolvemento urbanístico mediante o axuste de aliñacións e rasantes xunto coa ordenación de volumes para a parcela de propiedade particular, sita na Travesía Rúa dos Campos-Manuel Antonio, s/n, San Cibrao (Cervo), de acordo coas especificacións das normas subsidiarias de planeamento de Cervo, mantendo as súas determinacións substantivas, sen altera-lo aproveitamento urbanístico, nin ocasionar prexuízos a terceiros, nin altera-las condicións da ordenación dos predios lindeiros, promovido por Marisa Paleo Díaz.

Segundo.-Proceder á publicación do presente acordo no DOG e no BOP.

Terceiro.-Comunicarlle ó conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, dándolle traslado do expediente administrativo e de dous exemplares do documento, en cumprimento do establecido no artigo 48.3º da LSG.

Contra o nomeado acordo cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte a aquel no que se practicou a notificación ou, se é o caso, a publicación, aínda que previamente, e con carácter potestativo, cabe interpoñer recurso de reposición ante o propio órgano que dictou o acordo no prazo dun mes.

Neste caso, contra a desestimación do recurso de reposición o prazo de interpoñe-lo contencioso-administrativo será de dous meses contados desde o día seguinte ó da notificación, ou noutro caso, o de seis meses contados desde a desestimación presunta, que se entenderá producida polo transcurso dun mes desde a interposición do recurso de reposición.

O que se publica para xeral coñecemento e para produci-los efectos previstos no presente acordo.

Cervo, 3 de outubro de 2002.

José Insua Pernas

Alcalde