Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Martes, 05 de novembro de 2002 Páx. 15.557

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CERVO

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, con data do 5 de setembro de 2002, acordou aprobar inicialmente o Plan especial de protección e ordenación do conxunto histórico-artístico de Sargadelos, Concello de Cervo (Lugo), elaborado polo equipo redactor Andrés Fernández-Albalat Lois, José Manuel Calderón Rodríguez, Xoán Carmona Badía, Cristóbal Crespo González e Andrés Fernández-Albalat Ruíz, que ten por obxecto fundamental a protección e mellora dun ámbito que afecta 37,5 ha, mediante a recuperación e rehabilitación dos elementos de valor tanto histórico-artístico como ambiental, paisaxístico, ect., existentes nel.

O que se fai público para xeral coñecemento, para os efectos de que as persoas interesadas poidan examina-lo expediente e formular cantas alegacións consideren pertinentes en defensa do seu dereito no prazo dun mes, contado a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. O expediente atópase de manifesto nas oficinas técnicas do Concello de Cervo.

Cervo, 30 de setembro de 2002.

José Insua Pernas

Alcalde