Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Martes, 05 de novembro de 2002 Páx. 15.557

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CERVO

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, na sesión que tivo lugar o 5 de setembro de 2002, aprobou inicialmente o estudio de detalle para establece-lo sinalamento de aliñacións e rasantes e a ordenación de volumes para a parcela sita na avda. da Mariña, s/n, San Cibrao-Cervo (Lugo), promovido por Ramón Otero Vázquez.

Conforme o previsto nas disposicións vixentes, sométese a información pública polo prazo dun mes, durante o cal poderá ser examinado nas oficinas técnicas do Concello de Cervo (Lugo) e presenta-las reclamacións ou suxestións que se desexen.

Cervo, 30 de setembro de 2002.

José Insua Pernas

Alcalde